Saltar ao contido

Cova de Gorham

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaCova de Gorham
(en) Gorham's Cave Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoxacemento arqueolóxico Editar o valor en Wikidata
Parte deGorham's Cave complex (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaXibraltar, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Mapa
 36°07′15″N 5°20′33″O / 36.120771, -5.342395
Historia
Data de descuberta ou invención1907 Editar o valor en Wikidata
Vista aérea de Xibraltar

A cova de Gorham (en inglés Gorham's Cave) é unha cova a nivel do mar nos Territorio de ultramar británico de Xibraltar, no extremo sur da Península Ibérica. Aínda que non é unha cova mariña, moitas veces confúndese cunha. Considerada como unha das últimas vivendas coñecidas dos neandertais en Europa, que viviron nela hai uns 24.000 anos. A cova dálle nome ao complexo da cova de Gorham, que é unha combinación de catro covas distintas de tal importancia que se combinan nun único Patrimonio da Humanidade da UNESCO, o único en Xibraltar. As outras tres covas son cova Vanguard, Cova Hyaena e cova Bennett.[1]

Situación xeográfica

[editar | editar a fonte]

Está situado na Praia do Gobernador, na cara sueste da Rocha de Xibraltar. Cando se habitou por primeira vez hai uns 55.000 anos, estaría aproximadamente a 5 km. da costa, pero, debido aos cambios no nivel do mar, agora está a só uns metros do Mar Mediterráneo.

Descubrimento e nome

[editar | editar a fonte]
Vista da cova de Gorham na cara leste do Rocha de Xibraltar

A cova recibe o nome do Capitán A. Gorham do 2º Batallón Royal Munster Fusiliers (Reais Fusileiros de Munster), quen a descubriu en 1907 mentres abría unha fisura. na parte traseira dunha caverna mariña. Gorham inscribiu o seu nome e a data do seu descubrimento en carbón negro na parede da cova, que leva o seu nome desde entón. Despois deste descubrimento inicial, parece que a cova esqueceuse, polo menos a nivel oficial, como o historiador e espeleador Xibraltareño George Palao lembra unha inscrición na parede da cova que rezaba J. J. Davies 1943.[2]

Arqueoloxía

[editar | editar a fonte]

Niveis post-paleolíticos

[editar | editar a fonte]

Desde a súa descuberta a caverna de Gorham foi un lugar de elevado interese arqueolóxico. As escavacións realizadas no sitio deron lugar ao descubrimento de catro capas estratigráficas. O primeiro nivel revelou evidencias da estancia de fenicios e cartaxineses entre o VIII e o III século a.C. Na capa inmediatamente inferior apareceron restos dun breve uso da gruta durante o período neolítico.

Niveis paleolíticos

[editar | editar a fonte]

No nivel III saíron a luz non menos de 240 artefactos do Paleolítico Superior, clasificados dentro dos subperíodos Magdaleniano e Solutreano. Aos antigos moradores desta capa pertencen as realizacións de arte rupestre que se atoparon nas paredes da gruta.

O nivel IV revelou até 103 instrumentos, incluíndo puntas de lanza, coitelos e raspadeiras, identificados como pertencente á época Musteriano, e que mostraban unha utilización durante varios centos de anos. As análises a partir de AMS deron datas para este nivel de entre hai 33.000 e 23.000 anos. Tales datos suxiren unha ocupación até polo menos 28.000 a.C., e talvez mesmo até 24.000.[3] Porén non foi achado ningún resto fósil que permitise unha identificación anatómica que indicase que se estaba ora ante neandertais ou ora ante humanos modernos, ou ben asociábeis ou non cos achados dun humano moderno no relativamente próximo Abrigo do Lagar Velho, Portugal, datado hai uns 24.500 anos, e do que se insinuou que presentaba características de hibridación con neandertais[4]. Con todo a cultura musteriana identifícase habitualmente, en Europa, con neandertais. Isto é o que leva a considerar a cova de Gorham coma un dos refuxios últimos de poboacións neandertais.

Patrimonio da Humanidade da UNESCO

[editar | editar a fonte]

A cova de Gorham dálle nome ao complexo da cova de Gorham, que é unha agrupación de catro covas distintas de tal importancia que se combinan nun Patrimonio da Humanidade da UNESCO. As outras tres covas son a Cova Vanguard próxima, a cova Hyaena e aVova Bennett.[1]

En novembro de 2010, o complexo de Gorham's Cave presentouse para competir por un nomeamento como Patrimonio da Humanidade da UNESCO. O profesor Clive Finlayson, director do Museo de Xibraltar, foi o responsable de coordinar os esforzos para obter este nomeamento. O primeiro paso foi unha proposta ás autoridades culturais do Reino Unido do deporte para que o complexo de Gorham's Cave se engada á Lista tentativa do Patrimonio Mundial do Reino Unido.[5] Tal lista revísase cada dez anos e o proceso para unha nova lista estaba en curso na data da presentación.[6]

A propiedade da terra asociada á Cova de Gorham pasou do Ministerio de Defensa ao goberno de Xibraltar en 2011. O acordo trocou esta terra MOD e máis de 300 MOD casas co goberno de Xibraltar, que a cambio acordou construír 90 novas vivendas nos terreos restantes do MOD.[7]

En maio de 2012, o complexo da cova de Gorham estaba na lista curta de dous sitios, xunto coa Ponte ferroviaria de Forth, que enviaousepara a súa presentación á UNESCO.[8] O sitio foi inscrito pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade en 15 de xullo de 2016, e é o único Patrimonio da Humanidade de Xibraltar.

  1. 1,0 1,1 Gorham's Cave Complex, lista provisional de sitios da UNESCO. Consultado o 4 de agosto de 2014
  2. Finlayson, Clive. "History of Gorham's Cave". Gibraltar Museum. Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2011. Consultado o 5 de decembro de 2010. 
  3. Clive Finlayson, Francisco Giles Pacheco, Joaquín Rodríguez-Vidal, Darren A. Fa, José María Gutiérrez López, Antonio Santiago Pérez, Geraldine Finlayson, Ethel Allue, Javier Baena Preysler, Isabel Cáceres, José S. Carrión, Yolanda Fernández Jalvo, Christopher P. Gleed-Owen, Francisco J. Jiménez Espejo, Pilar López José Antonio López Sáez, José Antonio Riquelme Cantal, Antonio Sánchez Marco, Francisco Giles Guzmán, Kimberly Brown, Noemí Fuentes, Claire A. Valarino, Antonio Villalpando, Christopher B. Stringer, Francisca Martinez Ruiz & Tatsuhiko Sakamoto, Late survival of Neanderthals at the southernmost extreme of Europe, Nature 443, 850-853 (19 October 2006) | doi:10.1038/nature05195, pdf at [1] Arquivado 27 de agosto de 2008 en Wayback Machine.
  4. The early Upper Paleolithic human skeleton from the Abrigo do Lagar Velho (Portugal) and modern human emergence in Iberia - Cidália Duarte, João Maurício, Paul B. Pettitt, Pedro Souto, Erik Trinkaus, Hans van der Plicht, and João Zilhão, PNAS Vol. 96, Issue 13, 7604-7609, June 22, 1999 [2]
  5. "UK Tentative List of Potential Sites for World Heritage Nomination: Application form" (PDF). UK Government. Consultado o 24 de agosto de 2012. 
  6. Government Seek World Heritage Status for Gorham's Cave Arquivado 2011-08-28 en Wayback Machine., Gibraltar Chronicle, 8 de novembro de 2010.
  7. "Government announces details of the recent Lands Agreement with MOD". 29 de xullo de 2011. Government of Gibraltar. Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2012. Consultado o 1 de maio de 2013. 
  8. Gorham's Cave Short-Listed, BBC News, 28 de maio de 2012

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]