CouchSurfing
CouchSurfing | |
---|---|
Tipo | Jennifer Billock foi a CEO da compañía dende 2013 a 2015. |
Fundación | 2013 |
Localización | San Francisco, CA, Estados Unidos |
Industria | software, Internet, viaxes |
Na rede | |
https://www.couchsurfing.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O CouchSurfing, un proxecto ademais dun neoloxismo en lingua inglesa[1], é un servizo internacional de hospedaxe de balde, con base e funcionamento en Internet.
Couchsurfing funciona coma unha plataforma na que os usuarios poden tanto ofertar como solicitar hospedaxe. A diferenza de CouchSurfing, existen outras plataformas similares de pago coma Airbnb.
Historia e características
[editar | editar a fonte]En xullo de 2008, tiña máis de 600.000 membros (dos que 300 son residentes en Galiza), cun total de membros repartidos en máis de 230 países. Moitos destes membros son usuarios activos do sitio.
Os membros usan o sitio, creado por Casey Fenton, para coordinar aloxamentos. Inclúe perfís completos, e varios sistemas para garantir a seguridade e confianza dos viaxeiros. Ademais, existen un chat e grupos de discusión.
A participación en CouchSurfing é libre e gratuíta. Cada membro pode dialogar e requirir a axuda dos outros membros, tendo cadanseus compromisos de cara á comunidade. Os usuarios do servizo dispoñen dunha interface clara que lles permite expor amplamente o seu perfil (gustos, preferencias, intereses, esixencias ós invitados...). Tamén é posible ilustra-lo perfil con fotos persoais ou do sofa-cama proposto. Calquera pode engadir un comentario sobre os seus invitados ou anfitrións. As condicións da estadía (aloxamento, visitas, actividades...) determínanse de común acordo entre os usuarios antes da visita. O interese deste servizo vai máis aló do simple aloxamento: trátase dunha oportunidade de facer encontros culturais cosmopolitas, a baixo custo.
Obxectivos e misión
[editar | editar a fonte]"CouchSurfing intenta achegar as persoas e os lugares do mundo, crear intercambios de saber, eleva-la consciencia colectiva, difundi-la tolerancia e facilita-la comprensión intercultural"[2].Sitio web do proxecto.
Funcionamento
[editar | editar a fonte]A inscrición á organización é gratuíta, e basta con rexistrarse no sitio. A actividade principal da asociación consiste no intercambio de aloxamento.
Sendo anfitrión, un membro ofrece a posibilidade de aloxar ós demais. Non é obrigatorio, pero está recomendado. Sendo surfeiro (invitado), un viaxeiro pode buscar e pedir aloxamento no seu lugar de destino. O intercambio debe de ser gratuíto, o que non exclúe os detalles de cortesía co anfitrión (levar un agasallo, preparar o almorzo etc.).
Linguas
[editar | editar a fonte]O sitio foi creado en inglés, e está traducido (parcialmente) ó alemán, ó castelán, ó chinés, ó coreano, ó dinamarqués, ó finés, ó francés, ó grego, ó italiano, ó lituano, ó neerlandés, ó polaco, ó portugués, ó romanés, ó ruso, ó turco ó xaponés.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ O nome de « CouchSurfing » é un anglicismo que se pode traducir como "ir de sofá-cama en sofá-cama".
- ↑ (en inglés)FAQ do sitio CouchSurfing.com [Ligazón morta]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- CouchSurfing.com (en inglés)
- Wiki CouchSurfing (en inglés)