Cornelius (músico)
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de xaneiro de 1969 ![]() Setagaya, Xapón ![]() |
Educación | Wakō Gakuen (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | disc-jóckey, produtor musical, cantautor, compositor ![]() |
Período de actividade | 1987 ![]() |
Membro de | |
Xénero artístico | Música experimental, rock alternativo, indietronica (pt) ![]() ![]() ![]() |
Instrumento | Guitarra e voz ![]() |
Selo discográfico | Cherry Red (pt) ![]() Matador Records Warner Music Group Trattoria Records (en) ![]() Everloving Records ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Takako Minekawa (2000–2012) ![]() |
Pai | Satoshi Mihara ![]() |
Sitio web | cornelius-sound.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Cornelius (コーネリアス, kooneriasu), de nome real Keigo Oyamada (小山田圭吾), nado o 27 de xaneiro, 1969 en Setagaya, Toquio, é un artista e produtor xaponés, situado na posición 43 dos cens músicos máis importantes do Xapón segundo HMV.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Oyamada saltou a fama como membro do dúo de pop chamado Flipper’s Guitar, un dos grupos clave da escena de Shibuya-kei de Toquio. Despois da disolución do grupo en 1991, Oyamada púxose o alias de "Cornelius" e embarcouse nunha carreira en solitario.
Numerosos críticos americanos describen o estilo musical do artista como similar a de Beck, a quen recoñece como influencia xunto con The Beach Boys, The Jesus and Mary Chain, Primal Scream e banda brasileira Kassin + 2, xunto moitos outros.
A música de Cornelius podería describirse como experimental e exploratoria, xa que acotío incorpora elementos disonantes harmonicamente xunto a máis sons familiares e "agradables". Esta tensión, ademais da súa práctica de levar nos sons e os samples de cultura de masas, tons electrónicos puros, e os sons da natureza (como no seu álbum Point), levouno a ser categorizado como un "gusto adquirido".
Elixiu o seu pseudónimo en homenaxe ó personaxe do filme O planeta dos simios.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums de estudio
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
The First Question Award | 1994 | Trattoria, Polystar |
69/96 | 1995 | Trattoria, Polystar |
Fantasma | 1997 | Trattoria, Polystar, Matador, Lefse |
Point | 2001 | Trattoria, Polystar, Matador |
Sensuous | 2006 | Warner Music Japan, Everloving |
Mellow Waves | 2017 | Warner Music Japan, Rostrum Records |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- SEEN: Download Cornelius
- cornelius-sound.com - Páxina oficial (en xaponés e en inglés)
- corneliusjapan.com - Páxina semi-oficial (en inglés)
- Perfil en Nippop | Cornelius
- Páxina de Cornelius en Matador Records