Corleone
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
País | Italia | |||
Rexión con estatuto especial | Sicilia | |||
Cidades metropolitanas | Cidade metropolitana de Palermo ![]() | |||
Capital | Corleone ![]() | |||
Poboación | ||||
Poboación | 10.364 (2023) ![]() | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 229,46 km² ![]() | |||
Altitude | 553 m ![]() | |||
Comparte fronteira con | Campofelice di Fitalia (pt) ![]() Monreale (pt) ![]() Palazzo Adriano (pt) ![]() Prizzi (pt) ![]() Roccamena (pt) ![]() Mezzojuso (pt) ![]() Chiusa Sclafani (pt) ![]() Godrano (pt) ![]() Campofiorito (pt) ![]() Contessa Entellina (pt) ![]() Bisacquino (pt) ![]() ![]() | |||
Santo padrón | Leoluca (en) ![]() ![]() | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 90034 ![]() | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 091 ![]() | |||
Identificador ISTAT | 082034 ![]() | |||
Código catastral italiano | D009 ![]() | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Sitio web | comune.corleone.pa.it ![]() |
Corleone (en siciliano: Curliùni) é unha vila de preto de 11.000 habitantes situada na Cidade Metropolitana de Palermo, en Sicilia, Italia. É coñecida mundialmente por ser o lugar de nacemento de varios personaxes ficticios da novela de Mario Puzo The Godfather, entre eles o protagonista Vito Andolini Corleone.
Foi capital dun dos distritos do Reino das Dúas Sicilias. A súa importancia histórica débese a súa posición estratéxica, a medio camiño da vella estrada que liga Palermo e Agrigento, e á súa produción agrícola, sendo un dos principais produtores de trigo da illa.
Crime
[editar | editar a fonte]A localidade é coñecida por ser a vila natal dalgúns dos xefes de Cosa Nostra, como Michele Navarra, Luciano Leggio, Leoluca Bagarella, Salvatore Riina ou Bernardo Provenzano. Isto inspirou ao novelista Mario Puzo a ambientar nesta vila parte da súa novela The Godfather, adaptada ao cine por Francis Ford Coppola.
O crime organizado dominou á localidade durante décadas, e só recentemente algúns segmentos da poboación protestaron contra a súa influencia. Dende a década de 1990 véñense desenvolvendo moitas campañas de sensibilización e de educación por parte de asociacións de voluntariado sen fins lucrativos.
O 10 de agosto de 2016, o Goberno italiano ordenou disolver o Executivo Municipal polos seus nexos coa Mafia, sendo este o cuarto executivo disolto por estes motivos durante o goberno de Matteo Renzi.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Disuelven el Gobierno de Corleone por la infiltración de la mafia". Europa Press (en castelán). 11 de agosto de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Corleone ![]() |