Cordite tuberosa
Nódulo nas cordas vocais | |
---|---|
Nódulo telanxiectásico en corda vocal dereita, visto mediante microlaringoscopia. | |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Os nódulos ou nós[1] das cordas vocais[2], nódulo vocal[3] ou cordite tuberosa[3] en patoloxía, son hiperqueratoses do tecido das cordas vocais. É unha lesión sólida e elevada de máis de 1 cm de diámetro. Adoita estar ben delimitado e de orixe epitelial ou conxuntival. Os nódulos distorsionan ou impiden o movemento natural das cordas vocais ao falar ou cantar en voz baixa. Afecta especialmente ao movemento da capa mucosa da corda vocal que produce a voz de falsete.
Etioloxía
[editar | editar a fonte]Os nódulos fórmanse por un uso inadecuado ou excesivo da voz (cantar cunha presión subglótica esaxerada, nun ambiente ruidoso, en recentemente nados chorando durante horas, entre outros casos). A medida que se xeran nódulos vocais, o timbre vocal escurece e o cantante perde a capacidade de cantar en piano. Tamén o vibrato cambia con frecuencia da onda complexa á onda de glote.[4]
Cadro clínico
[editar | editar a fonte]Os signos clínicos frecuentes do nódulo vocal son a afonía e a disfonía, que impiden a produción de sons vocais 'normais'. Os nódulos vocais son máis comúns en nenos e mulleres maiores de 20 anos.
Tratamento
[editar | editar a fonte]O tratamento dos nódulos vocais consiste na economía da voz, cambio de técnica vocal e, ás veces, require intervención cirúrxica nas cordas vocais[5].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "bUSCatermos; nó". aplicacions.usc.es. Consultado o 2022-06-14.
- ↑ "bUSCatermos; cordas vocais". aplicacions.usc.es. Consultado o 2022-06-14.
- ↑ 3,0 3,1 "Nódulo; nódulo vocal. p 513" (PDF). Dicionario galego de termos médicos. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de novembro de 2021. Consultado o 14 de xuño de 2022.
- ↑ "Los nOdulos, enfermedad profesional de la voz" (PDF) (en castelán). Consultado o 17 de febreiro de 2019.
- ↑ Cervantes, Onivaldo; Abrahão, Márcio. O nódulo vocal: conceptos actuais. Rev. Su. med. otorrinolaringol; 2(1):12, 14, 16-7, Xan. 1995.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cordite tuberosa |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Martinssen - Lohmann, Franziska (1988). Der wissende Sänger. Zürich: Atlantis. 3-254-00032-3. Páxs. 370-1.