Consoante oclusiva
Aparencia
Unha consoante oclusiva é un tipo de consoante na que se produce un peche total do paso do aire por xuntar dous órganos durante un breve período de tempo, relaxando o xesto a continuación para provocar a súa saída dunha forma brusca, existente en tódalas linguas do mundo.
En galego hai os seguintes fonemas oclusivos:
- /p/: oclusiva bilabial xorda
- /b/: oclusiva bilabial sonora
- /t/: oclusiva dental xorda
- /d/: oclusiva dental sonora
- /k/: oclusiva velar xorda
- /ɡ/: oclusiva velar sonora
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Martínez Celdrán, E. (2002): O son na comunicación humana. Vigo, Ed. Galaxia.