Comisión Pontificia para o Estado da Cidade do Vaticano
Comisión Pontificia para o Estado da Cidade do Vaticano | |
---|---|
Datos xerais | |
Ámbito | Cidade do Vaticano |
Creación | 1939 |
Tipo | Unicameral |
Liderado | |
Presidente | Giuseppe Bertello |
Composición | |
Membros | 7 |
Sede(s) | |
Palacio da Gobernación 00120 Cidade do Vaticano |
A Comisión Pontificia para o Estado da Cidade do Vaticano (en italiano: Pontificia Commissione por lo Stato della Città del Vaticano, en latín: Pontificia Commissio pro Civitate Vaticana) é o corpo lexislativo da Cidade do Vaticano.[1] Está formada polo Presidente da Gobernación do Estado da Cidade do Vaticano, que é tamén Presidente da Comisión Pontificia, e outros seis cardeais nomeados polo Papa por un mandato de cinco anos.[1]
Descrición
[editar | editar a fonte]A Comisión Pontificia foi creada en 1939 por Pío XII. As leis e as regulacións propostas pola Comisión deben ser entregadas ao papa polo Secretariado de estado antes de ser feitas públicas e de que entren en vigor.[1] As leis, regulacións, e instrucións promulgadas pola Comisión son publicadas na Acta Apostolicae Sedis.[2]
Alén da súa función lexislativa, o Presidente da Gobernación do Estado da Cidade do Vaticano, que dende o 1 de outubro de 2021 é o cardeal español Fernando Vérgez Alzaga, ten realizado funcións executivas pola autoridade que delega nel o Papa.[1][3]
Administración
[editar | editar a fonte]A Comisión está encabezada polo Presidente da Comisión Pontificia para o Estado da Cidade do Vaticano. Como membro maior do curia romana, o presidente é normalmente un cardeal da Igrexa católica. Tamén exerce como xefe de goberno da Cidade do Vaticano, o Presidente da Gobernación do Estado da Cidade do Vaticano, un cargo que é distinto do anterior título de Gobernador da Cidade do Vaticano.[4] As administracións e departamentos do goberno da Cidade do Vaticano, como o Corpo della Gendarmeria, o Observatorio do Vaticano, os Museos Vaticanos, e o Departamento das Vilas Pontificias, que administra Castel Gandolfo, responden ante o Gobernador.[5]
Durante unha sede vacante, o mandato do presidente remata, igual que a maioría de cargos da curia. Con todo, o titular do cargo antes da morte ou a dimisión do papa ingresa nunha Comisión, co anterior Cardeal Secretario de Estado e o Camarlengo da Santa Igrexa Romana Santa, para manexar algunhas das funcións do xefe de Estado até que un novo papa sexa escollido.[6]
Actual
[editar | editar a fonte]Dende o 2021, o presidente e os membros son:
- Cardeal Fernando Vérgez Alzaga, presidente
- Cardeal Kevin J. Farrell
- Cardeal Giuseppe Petrocchi
- Cardeal Stanisław Ryłko
- Cardeal Leonardo Sandri
- Cardeal Domenico Calcagno
- Cardeal Mauro Gambetti
Presidentes anteriores
[editar | editar a fonte]- Nicola Canali, 20 de marzo de 1939 – 3 de agosto de 1961
- Amleto Giovanni Cicognani, 12 de agosto de 1961 – 30 de abril de 1969
- Jean-Marie Villot, 2 de maio de 1969 – 9 de marzo de 1979
- Agostino Casaroli, 28 de abril de 1979 – 8 de abril de 1984
- Sebastiano Baggio, 8 de abril de 1984 – 31 de outubro de 1990
- Rosalio Lara, 31 de outubro de 1990 – 15 de outubro de 1997
- Edmund Szoka, 15 de outubro de 1997 – 15 de setembro de 2006
- Giovanni Lajolo, 15 de setembro de 2006 – 1 de outubro de 2011
- Giuseppe Bertello, 1 de outubro de 2011 – 1 de outubro de 2021
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Fundamental Law of Vatican City State" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de febreiro de 2008. Consultado o 25 de xuño de 2019.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2012. Consultado o 25 de xuño de 2019.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2012. Consultado o 25 de xuño de 2019.
- ↑ "Organi del potere legislativo ed esecutivo". www.vaticanstate.va (en italiano). Consultado o 2019-06-26.
- ↑ "Administrations and Central Offices" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2007. Consultado o 25 de xuño de 2019.
- ↑ "CONSTITUCIÓN APOSTÓLICA UNIVERSI DOMINICI GREGIS DEL SUMO PONTÍFICE JUAN PABLO II" (en castelán). Consultado o 26 de xuño de 2019.