Cirurxía reconstrutiva
Aparencia
A cirurxía reconstrutiva ou reparadora é unha das grandes áreas da cirurxía plástica, aínda que estas técnicas son realizadas así mesmo por outros especialistas: cirurxiáns plásticos, otorrinolaringólogos, cirurxiáns maxilofaciais, oftalmólogos especialistas en cirurxía oculoplástica, cirurxiáns ortopédicos e traumatólogos, urólogos, xinecólogos, en función da rexión anatómica e da patoloxía que se trate.
Adoitan agruparse nos tratados de cirurxía reconstrutiva en capítulos de:
- tratamento das queimaduras e cirurxía plástica das súas secuelas;
- cirurxía plástica de membros e mans;
- cirurxía plástica infantil;
- cirurxía maxilofacial;
- cirurxía plástica oncolóxica.[1]