Cidade Velha
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Cabo Verde | |||
Entidade territorial administrativa | Illas de Sotavento, Cabo Verde | |||
Concello | Ribeira Grande de Santiago (pt) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 2.148 (1.027,26 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 209,1 ha | |||
Altitude | 1 m | |||
Creación | 1462 | |||
Organización política | ||||
Membro de | ||||
Patrimonio da Humanidade | ||||
Tipo | Patrimonio cultural → África | |||
Data | 2009 (33ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (ii), (iii) e (vi) | |||
Identificador | 1310 | |||
Patrimonio de influencia portuguesa | ||||
A Cidade Velha localízase no concello da Ribeira Grande de Santiago, a 15 km ao oeste de Praia, na costa de Cabo Verde.
O 10 de xuño de 2009 foi clasificada como unha das Sete Marabillas de Orixe Portuguesa no mundo. Debido á súa historia, manifestada por un valioso patrimonio arquitectónico, o 26 de xuño do mesmo ano foi clasificada pola UNESCO como Patrimonio Mundial da Humanidade.[1][2]
Historia
[editar | editar a fonte]A entón denominada Ribeira Grande foi fundada en 1462, apenas dous anos após á chegada dos navegantes portugueses á illa de Santiago, a primeira das illas do arquipélago de Cabo Verde en ser descuberta.
Alén de ser a primeira cidade fundada polos europeos ao sur do deserto do Sáhara, e a primeira capital de Cabo Verde, foi tamén a sede da primeira diocese da costa occidental africana, solicitada por Xoán III de Portugal ao papa Clemente VII en 1532, e instituída pola bula "Pro excellenti" no ano seguinte (1533).
Foi porto de escala de dous grandes navegantes: Vasco da Gama, en 1497, na súa viaxe descuberta do camiño marítimo cara a India, e Cristovo Colón, en 1498, na súa terceira viaxe cara ás Américas.
O período áureo da cidade estendeuse de mediados do século XV a finais do século XVI, mantendo aínda algunha importancia no inicio do século XVII, debido sobre todo ao tráfico negreiro.
Foi capital ata 1769, cando, debido ás melloras do porto e á temida insalubridade da Ribeira Grande, esta foi transferida para a Praia de Santa Maria, na actualidade Praia.[3]
A partir de entón entrou en decadencia e progresiva ruína, perdéndose a case totalidade dos edificios civís, relixiosos e militares. No século XX, coa chegada de poboacións vindas do interior, sobre as fundacións dos desaparecidos edificios, xurdiron vivendas sinxelas, con fábrica de pedra e cuberta en follas de coqueiro, co reaproveitamento de cantarías dos antigos monumentos.
En 2000, coa coordinación do arquitecto Álvaro Siza, foi iniciado un traballo de preparación do cartafol de candidatura da cidade para ser Patrimonio Mundial da UNESCO. O informe foi presentado á UNESCO o 31 de xaneiro de 2008.[4]
Demografía
[editar | editar a fonte]De acordo con datos do 1990, a Cidade Velha tiña 2.148 habitantes.
Patrimonio edificado
[editar | editar a fonte]- En 1520 foi construída a picota da cidade, aínda hoxe conservado como monumento.
- Aquí se encontra a máis antiga igrexa colonial do mundo, construída en 1495, a Igrexa de Nossa Senhora do Rosario, en estilo manuelino (gótico portugués). A rúa Banana, que conduce á igrexa, foi a primeira rúa de urbanización portuguesa nos trópicos.
- A Sé Catedral da cidade comezou a ser construída en 1555. Sendo rematada en 1693, cando a cidade xa tiña perdido moita da súa importancia. Foi saqueada e severamente damnificada por piratas franceses en 1712.
- O Forte Real de São Filipe, que domina a cidade a 120 metros de altura, foi construído en 1590 para defensa contra os ataques de piratas e corsarios.
- O Convento de São Francisco foi construído a mediados do século XVII, tendo servido como local de culto e de formación. Foi saqueado e damnificado no asalto de piratas en 1712.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Cidade Velha becomes Cape Verde's first World Heritage site". UNESCO World Heritage Centre (en inglês). 26 de xuño de 2009. Consultado o 27 de de xuño de 2009.
- ↑ Cidade Velha declarada Patrimonio Mundial da Humanidade[Ligazón morta]
- ↑ Cidade Velha, Cabo Verde, considerada Patrimonio Mundial da Humanidade.[Ligazón morta]
- ↑ "UNESCO". Consultado o 1/6/2014.