Chris Quinn
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 27 de setembro de 1983 (41 anos) Nova Orleáns, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Universidade de Notre Dame (pt) Dublin Coffman High School (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 188 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 84 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista, adestrador de baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2006 - 2013 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Empregador | Universidade do Noroeste | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | NBA G League, National Basketball Association e Baloncesto masculino da División I da NCAA | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Base | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Christopher James Quinn, nado o 27 de setembro de 1983 en Nova Orleáns, Luisiana, é un ex xogador profesional de baloncesto. Cunha altura de 1,88 metros xogaba na posición de base. Actualmente traballa como adestrador asistente dos Miami Heat.
Instituto
[editar | editar a fonte]Quinn asistiu ao Instituto Dublin Coffman en Dublin, Ohio, onde estableceu 14 récords e foi nomeado Xogador do Ano por Columbus Dispatch Agonis en 2002. Foi elixido tamén en dúas ocasións no mellor quinteto estatal do ano, xogador do ano da Ohio Capital Conference e segundo na votación do "Mr. Basketball" de Ohio no seu ano sénior. Quinn liderou ao seu equipo aos campionatos de conferencia de 2001 e 2002, ademais de proclamarse campión de distrito en dúas ocasións.
Universidade
[editar | editar a fonte]Na Universidade de Notre Dame pasou tres anos, sendo o co-capitán en dúas ocasións. Xogou 122 partidos, 80 coma titular, e fixo 11,1 puntos, 3,5 asistencias, 2,7 rebotes, 1,27 roubos e 31,3 minutos cun 44,7% en tiros de campo, 41,7% en triplas e 82,5% en tiros libres. Coma sénior, foi elixido no mellor quinteto da Big East Conference tras facer 17,7 puntos, 6,5 asistencias e 3,8 roubos por partido, liderando ao equipo en anotación, asistencias e empatado en roubos de balón. A tempada anterior foi seleccionado para disputar o Big East Academic All-Star, xogando na campaña 27 partidos e asinando 13,1 puntos, 3,2 asistencias e 2,9 rebotes. Coma sophomore os seus números foron 14,3 puntos e 3,3 asistencias por partido, e coma freshman 3,9 puntos e 1,6 rebotes, sendo seleccionado para o Big East Academic All-Star.
Traxectoria profesional
[editar | editar a fonte]Despois de non ser drafteado, Miami Heat fichouno coma axente libre no verán de 2006. Na súa primeira tempada na liga, Quinn disputou 42 partidos, un deles coma titular, facendo 3,4 puntos, 1,5 asistencias e 0,7 rebotes en 9,7 minutos na pista. Quinn fixo a mellor anotación da súa traxectoria na NBA o 15 de abril do 2009 contra os Detroit Pistons, cando anotou 26 puntos. Anotou 19 dos 30 últimos puntos dos Heat naquel partido.
O 21 de xullo de 2011, fichou polo BC Khimki.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Khimki brings back Mozgov, adds Quinn". EuroLeague.net. 21 de xullo de 2011. Consultado o 21 de xullo de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil en nba.com (en inglés)
- Estatísticas de Chris Quinn (en inglés)
- Perfil en espn.com (en inglés)
- Nados en 1983
- Nados en Nova Orleáns, Luisiana
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Xogadores dos Miami Heat
- Xogadores dos New Jersey Nets
- Xogadores dos San Antonio Spurs
- Xogadores do Valencia BC
- Xogadores dos Cleveland Cavaliers
- Bases de baloncesto
- Adestradores asistentes dos Miami Heat