Saltar ao contido

Chiba Lotte Marines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chiba Lotte Marines
Fundado en 1950
En Chiba desde 1992
Insignia
Liga
Liga Nippon Professional Baseball
DivisiónPacific League (1950–presente)
Imaxe do equipo
Cores         
Datos do equipo
AnteriorMainichi Orions (1950–1957)
Daimai Orions (1958–1963)
Tokyo Orions (1964–1968)
Lotte Orions (1969–1991)
AlcumesKamome (鴎, gaivotas)
EstadioZozo Marine Stadium
Estadios antigosKōrakuen Kyūjō (1950–1962)
Tokyo Stadium (1962–1972)
Estadio de Miyagi (1973–1977)
Kawasaki Kyūjō (1978–1991)
MascotaMar-kun, Rine-chan e Zu-chan
DonoLotte Holdings
AdestradorTadahito Iguchi
Títulos
Nippon S. (4)1950, 1974, 2005, 2010
Pacific L. (5)1950, 1960, 1970, 1974, 2005

Os Chiba Lotte Marines (千葉ロッテマリーンズ Chiba Rotte Marīnzu?) son un equipo profesional de béisbol xaponés con na cidade de Chiba da Rexión de Kanto. Fundado en 1950, antes de xogar en Chiba, o equipo tivo a súa sede no centro de Toquio, en Sendai e en Kawasaki. Membro da Nippon Professional Baseball (NPB), principal competición beisbolística do país nipón, xoga os seus partidos como local no Zozo Marine Stadium.

A franquía dos Marines foi fundada en 1950 co nome de Mainichi Orions, sendo un dos membros iniciais da Pacific League. Xa no seu primeiro ano conseguen gañar as Series do Xapón, tras ven er na final aos Shochiku Robins (hoxe Yokohama DeNA BayStars) por 4−2. En 1958 o equipo fusionase cos Daiei Unions e muda o seu nome a Daimai Orions. Nos anos 1960 chegan dúas mudanzas máis de nome: Tokyo Orions (1964) e Lotte Orions (1969). A nivel deportivo, con todo, non consegue volver a ter o éxito da súa temporada inicial, chegan ás Series do Xapón de en 1960 e 1970, mais ambas ante Taiyō Whales (hoxe Yokohama DeNA BayStars) e Yomiuri Giants respectivamente.

Desde a súa fundación até 1972 o equipo xogara sempre no centro de Toquio, mais entre 1973 e 1977 o equipo trasladouse á cidade de Sendai, ao norte do país. Coa mudanza regresa o éxito á franquía, xa que conseguen o seu segundo título das Series do Xapón ao vencer aos Chunichi Dragons (4−2). Convertéronse ademais no primeiro equipo da Liga do Pacífico en gañar as series en dez anos debido ao dominio dos Yomiuri Giants de Sadaharu Oh e Shigeo Nagashima. En 1978 o equipo regresa á área de Toquio, a Kawasaki, onde permanecen até que en 1992 se trasladan a Chiba. Alí adoptan o seu actual nome de Chiba Lotte Marines.

Xa no seu novo destino, o equipo non consegue disputar unhas Seriess do Xapón até 2005. Esa temporada o equipo comezou encabezando a liga, mais co paso dos xogos perdeu o lugar ante os Fukuoka SoftBank Hawks. Con todo, puideron disputar os playoffs, onde derrotaron aos propios Hawks para clasificarse á final. Estas Series supoñían a súa primeira participación na final en trinta e un anos (desde 1974). Tendo como rival aos Hanshin Tigers, os Marines impuxéronse en tan só catro encontros, anotando máis de dez carreiras en cada un dos tres primeiros. En novembro desde mesmo ano, o equipo consegue gañar a primeira edición das Series de Asia, onde venceron aos Samsung Lions surcoreanos. En 2010 o equipo consegue de novo ser campión do Xapón após vencer aos Chunichi Dragons na final por 4−2.

Ao longo dos anos o equipo tivo diferentes nomes:[1]

  • Mainichi Orions (1950–1957)
  • Daimai Orions (1958–1963)
  • Tokyo Orions (1964–1968)
  • Lotte Orions (1969–1991)
  • Chiba Lotte Marines (1992–presente)
Artigo principal: Zozo Marine Stadium.

Actualmente, os Chiba Lotte Marines xogan os seus encontros como local no Zozo Marine Stadium, recinto con capacidade para 30.348 espectadores. Con todo, ao longo dos anos ten utilizado os seguintes estadios:

Estadio Localización Prefectura Capacidade Período
Kōrakuen Kyūjō Bunkyō Toquio Toquio 42.337 1950 1962
Tokyo Stadium Arakawa Toquio Toquio 35.000 1962 1972
Estadio de Miyagi Sendai Miyagi Miyagi 30.508 1973 1977
Kawasaki Kyūjō Kawasaki Kanagawa Kanagawa 30.000 1978 1991
Chiba Marine Stadium Chiba California Chiba 30.348 1992

Xogadores

[editar | editar a fonte]

Dorsais honrados

[editar | editar a fonte]
Yasuhiko Yabuta.

Os Yokohama DeNA BayStars non teñen retirado ningún dorsal, máis honran o 26 como homenaxe aos seus seareiros. O último xogador en levar este número foi Yasushi Sakai (2003−2004). Durante os partidos cólgase no banco dos Marines un uniforme sen nome co número 26, o cal é levado polo mellor xogador do partido (ou a mascota) nas entrevistas finais ao mellor xogador. Ademais o club de fans oficial do equipo chámase TEAM26 (Equipo 26).

Xogador
26 Seareiros dos Marines

Xogadores MLB

[editar | editar a fonte]
País Xogador Posición Período
Xapón Hideki Irabu Pitcher 1988–1996
Xapón Satoru Komiyama Pitcher 1990–1999, 2004–2009
Xapón Masahide Kobayashi Pitcher 1997–2007
Xapón Tsuyoshi Nishioka Shortstop 2003–2010
Xapón Yasuhiko Yabuta Pitcher 1996–2007, 2010–2013

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]