Saltar ao contido

Chernobyl (miniserie)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Chernobyl

Tipominiserie Editar o valor en Wikidata
EpónimoAccidente de Chernóbil e Chernóbil Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticodrama histórico Editar o valor en Wikidata
Lingua orixinallingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Autoría
Creador/aCraig Mazin Editar o valor en Wikidata
Interpretado porHildur Guðnadóttir (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director/aJohan Renck Editar o valor en Wikidata
Compositor/aHildur Guðnadóttir (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
GuionistaCraig Mazin Editar o valor en Wikidata
Director/a fotografíaJakob Ihre (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Editor/a de cineJinx Godfrey (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Temática
Tema principalAccidente de Chernóbil Editar o valor en Wikidata
Ambientado enUnión Soviética Editar o valor en Wikidata
Baseado enVozes de Chernobyl (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Época ambientaciónPerestroika Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeEstados Unidos de América e Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Produtor/aSanne Wohlenberg (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Produtor/a executivoCarolyn Strauss e Jane Featherstone (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Compañía produtoraHBO Entertainment (en) Traducir, Sky UK (pt) Traducir, Sister (en) Traducir, The Mighty Mint (en) Traducir e Word Games (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Distribuidor/aEpic Games, Netflix, HBO Go (pt) Traducir e HBO Max Editar o valor en Wikidata
Emisora orixinalFOX + e Sky Atlantic (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Formato de distribuciónvídeo baixo demanda Editar o valor en Wikidata
Datas
Comezo6 de maio de 2019 Editar o valor en Wikidata
Remate3 de xuño de 2019 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Episodios5 Editar o valor en Wikidata
Localización
Localización rodaxeLituania e Ucraína Editar o valor en Wikidata
Premios
Composto por
Contacto
Páxina WEBhbo.com… Editar o valor en Wikidata
RedesIMDB: tt7366338 Filmaffinity: 624827 Allocine: 22429 Rottentomatoes: tv/chernobyl Allmovie: v716878 Metacritic: tv/chernobyl TV.com: shows/chernobyl
Facebook: chernobylminiseries Netlix: 81104911 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Chernobyl é unha miniserie de televisión de drama histórico creada e escrita por Craig Mazin e dirixida por Johan Renck para HBO. A serie céntrase no desastre nuclear de Chernóbil que ocorreu en abril de 1986 e os esforzos de limpeza sen precedentes que o seguiron. Producida por HBO en asociación con Sky UK, conta cun elenco liderado por Jared Harris, Stellan Skarsgård e Emily Watson.

A serie emitiuse en cinco partes nos Estados Unidos de América o 6 de maio de 2019 e foi aclamada pola crítica. Nos Premios Primetime Emmy, recibiu seis nomeamentos, incluíndo a de mellor miniserie e mellores actuacións para Harris, Skarsgård e Watson.

Chernobyl dramatiza "a verdadeira historia dunha das peores catástrofes provocadas polo home e fala dos valentes homes e mulleres que se sacrificaron para salvar a Europa dun desastre inimaxinable. A miniserie céntrase no desgarrador alcance do desastre da planta nuclear que ocorreu en Ucraína en abril de 1986, revelando cómo e por que ocorreu, ademais contando as sorprendentes e notables historias dos heroes que loitaron e caeron".[1]

Produción

[editar | editar a fonte]

Desenvolvemento

[editar | editar a fonte]

O 26 de xullo de 2017, anunciouse que HBO encargou a serie Chernobyl, a súa primeira coprodución con Sky Television. A miniserie de cinco episodios foi escrita por Craig Mazin e dirixida por Johan Renck. Mazin tamén exerceu como produtor executivo xunto con Carolyn Strauss e Jane Featherstone, con Chris Fry e Renck actuando como produtores co-executivos.[1][2]

O 11 de marzo de 2019, anunciouse que a miniserie se estrearía o 6 de maio de 2019.[3]

Simultaneamente co anuncio da serie, confirmouse que Jared Harris protagonizaría a mesma.[2] O 19 de marzo de 2018, anunciouse que Stellan Skarsgård e Emily Watson se unirían ao elenco principal.[4] En maio de 2019, anunciouse que Paul Ritter, Jessie Buckley, Adrian Rawlins e Con O'Neill tamén se uniron ao elenco.[5]

A fotografía principal comezou en abril de 2018 en Lituania.[2]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]