Chapáiev
Chapáiev (en ruso: Чапаев ) é unha película soviética rodada en branco e negro en 1934.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi dirixida polos irmáns Vassiliev (Georgy e Sergei), da produtora Lenfilm. Este filme biográfico conta a historia de Vassili Ivanovich Chapáiev (1887-1919), un lendario comandante do Exército Vermello que se converteu nun heroe da Guerra civil rusa.
Trama
[editar | editar a fonte]Está baseada na novela homónima escrita por Dmitri Furmanov, un escritor ruso e comisario bolxevique que loitou xunto a Chapáiev.
Sinopse
[editar | editar a fonte]O protagonista é Vassili Ivanovich Chapáiev, un comandante bolxevique da Guerra civil rusa. O guión está baseado no libro homónimo de Dmitri Furmanov.[1] Furmanov era de feito o comisario político da división comandada por Chapáiev. O seu libro, porén, é unha novela e non só un documental.[2] Na película, Furmanov aparece en persoa como un dos personaxes principais. A imaxe épica de Chapáiev creada por Boris Babotskin é a dun home inculto e de conciencia política pouco confirmada, pero que entendía instintivamente os obxectivos dos bolxeviques e a guerra revolucionaria. (O histórico Chapáiev era un home máis complexo). Nunha escena famosa, o comandante cóntalle a un dos seus subordinados un ataque contra brancos usando patacas que simbolizaban tal ou cal grupo militar. Entre os personaxes principais atópanse Petka, unha moza axudante de campo de Chapáiev, e unha moza, Anka, que se encarga da metralleta. Na escena final, Chapáiev morre afogado no río Ural.[3]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Alén dos premios dentro da Unión Soviética, foi galardoada entre outros como Mellor Película Estranxeira pola National Board of Review dos Estados Unidos en 1935 e co Gran Premio da Exposición Internacional de París en 1937.
Repercusión
[editar | editar a fonte]O filme foi ben distribuído. Inmediatamente despois da súa estrea (o 6 de novembro de 1934 en Leningrado no Titan Cinema), converteuse nunha das creacións máis populares da historia do cine soviético. O primeiro ano foi visto por 30 millóns de persoas só na URSS.
Após a estrea da película, Chapaiév e os seus colaboradores Petka e Anka convertéronse en personaxes recorrentes do folclore ruso. Este trío, xunto co seu comisario político Furmanov, están presentes nunha gran cantidade de chistes rusos.
Durante a Guerra civil española estreouse na zona republicana, onde tivo bastante éxito, xa que unha columna das Brigadas Internacionais recibiu o nome de Chapáiev. Josep Renau realizou os carteis publicitarios da película para a súa estrea en Valencia.
Sobre Vasili Chapáiev fixéronse moitas outros filmes despois deste primeiro, catro en tempos da URSS (dúas películas de animación, unha curta e outra longametraxe en 1968) e, despois de 1992, outras catro longas e tres series de televisión, incluída a coprodución ucraíno-rusa Страсти по Чапаю "Paixón por Chapáiev" [4]
O presidente de Rusia Vladimir Putin describiu o Chapáiev de 1934 como o seu filme favorito.[5]
Elenco
[editar | editar a fonte]- Boris Babotskin: Chapáiev
- Boris Blinov: Furmanov
- Illarion Pevtsov: Coronel Borozdin
- Varvara Miasnikova: Anna
- Leonid Kmit: Petka
- Gueorgui Jjionov: Tereixa
- Boris Chirkov: Agricultor
- Nikolai Simonov: Jikharev
- Sergei Vassiliev
- Stepan Krilov: Potapov
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Jay Leyda (1976). L'Âge d'Homme, ed. Kino Histoire Du Cinema Russe Et Sovietique (en francés). p. 364-365.
- ↑ Justus Grant Hartzok. Dissertation PhD (Doctor of Philosophy). Universitat d' Iowa, ed. "«Children of Chapaev: the Russian Civil War cult and the creation of Soviet identity, 1918-1941.»" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2021. Consultado o 15 de maio de 2022.
- ↑ (en inglés)Peter Rollberg (2008). Scarecrow Press, ed. Historical Dictionary of Russian and Soviet Cinema. ISBN 978-0-8108-6268-5.
- ↑ "Страсти по Чапаю". KinoGo.Biz фильмы и сериал смотреть онлайн (en ruso). Consultado o 2022-05-15.
- ↑ Center, Whitney Humanities; Haven, Auditorium See map 53 Wall Street New; Ct 06511 (2017-09-10). "CHAPAYEV - RED CENTURY: THE RUSSIAN REVOLUTION ON FILM SCREENING". The MacMillan Center (en inglés). Consultado o 2022-05-15.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chapáiev |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Filme Chapáiev, dos irmáns Vasiliev (en ruso con subtítulos en castelán)