Saltar ao contido

Celestino Sardiña Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCelestino Sardiña Fernández
Biografía
Nacemento20 de novembro de 1933 Editar o valor en Wikidata
Pontedeume, España Editar o valor en Wikidata
Morte3 de abril de 2017 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Pontedeume
1970 – 1987
← Juan Sarmiento PatiñoBelarmino Freire Bujía → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, comerciante Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiCelestino Sardiña Navarro Editar o valor en Wikidata

Celestino Sardiña Fernández, nado en Pontedeume o 20 de novembro de 1933 e finado o 3 de abril de 2017, foi un comerciante e político galego. Foi alcalde de Pontedeume desde 1970 ata 1987.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi fillo de Celestino Sardiña Navarro, membro de Izquierda Republicana e delegado gobernativo en 1936 quen, vítima da represión, foi asasinado na Capela o 18 de agosto dese mesmo ano xunto con outras persoas, entre as que estaba o seu irmán Ramón[1].

Cando tiña 15 anos a súa nai mandouno estudar a Madrid coa axuda dun familiar que residía alí. Logo de cursar os estudos de Maxisterio, iníciase na política desde a militancia na Acción Católica.

O 16 de setembro de 1970 foi nomeado alcalde de Pontedeume en substitución de Juan Sarmiento Patiño, quen ocupara a alcaldía desde 1940[2]. Nada máis facerse cargo da alcaldía teñen lugar os actos do sétimo centenario da fundación da Vila de Pontedeume. Outros feitos salientábeis dos seus primeiros anos na alcaldía foron as xestións realizadas para a construción do Colexio Público[2] e o Instituto de Bacharelato[3].

Nas eleccións municipais de 1979 accedeu á alcaldía obtendo a maioría absoluta como cabeza de lista de Coalición Democrática. Repetiu maioría absoluta nas eleccións municipais de 1983 como cabeza de lista da Coalición Popular. Durante estes oito anos de mandato inaugurouse o colexio de EXB de Andrade e o edificio do Centro de Saúde.

Nas eleccións municipais de 1987 perdeu a alcaldía a pesar de ser a lista máis votada, pois o feito de non acadar maioría absoluta permitiu unha coalición das outras catro forzas con representación quen elixiron alcalde a Belarmino Freire Bujía do PSdeG-PSOE. Logo de repetir nas eleccións municipais de 1991, de novo sen éxito, renunciou a se presentar ás seguintes eleccións aínda que seguiu a ser o presidente local do PP. Nas eleccións de 1995 e 1999 os cabezas de lista do PP foron o comerciante Santiago Campos Rodríguez e José Costas Torrente, que non conseguiron desbancar da alcaldía a Belarmino Freire.

Celestino Sardiña volveu ser cabeza de lista do PP nas eleccións municipais de 2003 mais obtivo os peores resultados da súa formación desde o comezo das eleccións democráticas (1368 votos), se ben conseguiu ser a forza máis votada por unha escasa marxe de votos (39 máis ca o PSdeG-PSOE). Catro formacións obtiveron tres concelleiros e Sardiña tratou de acceder á alcaldía mediante un pacto co Círculo de Opinión Eumés que non chegou a frutificar. Logo deste novo intento errado de obter a alcaldía, Celestino Sardiña anunciou a súa retirada da vida política en xaneiro de 2006, e renunciou á presidencia local do PP e á súa cadeira de concelleiro[4].

Durante o seu longo traxecto político foi Deputado Provincial en varias ocasións, chegando mesmo a ser Vicepresidente desta institución.


Predecesor:
Juan Sarmiento Patiño
 
Alcalde de Pontedeume
 
1970 - 1987
Sucesor:
Belarmino Freire Bujía
  1. Nomes e Voces (ed.). "Celestino Sardiña Navarro: Paseo". Consultado o 12 de abril de 2014. 
  2. 2,0 2,1 La Voz de Galicia, ed. (19/05/2007). "Viamos lonxe a política municipal da actualidade". Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2014. Consultado o 12 de abril de 2014. 
  3. La Voz de Galicia, ed. (04/08/2003). "HEMEROTECA O Goberno aprobaba crear un instituto de ensino medio para Pontedeume". Arquivado dende o orixinal o 12/03/2016. Consultado o 12 de abril de 2014. 
  4. La Voz de Galicia, ed. (31/01/2006). "Celestino Sardiña abandona a vida política para consolidar a renovación do PP local". Consultado o 02 de febreiro de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]