Catfishing
Na linguaxe de Internet, o catfishing é unha actividade na cal unha persoa crea un perfil falso para ser empregado nas redes sociais con fins perversas. Este termo foi empregado por vez primeira en 2012, a partir da emisión do documental Catfish.[2] O catfishing podería englobarse dentro do romance scam[3], tamén denominado fraude do amor por Internet, na que delincuentes suplantan a identidade virtual doutras persoas, empregando fotografías alleas, para establecer unha relación a través de Internet coas vítimas. A través desta relación, que pode xurdir de foros, páxinas de citas ou mesmo redes sociais comúns, os delincuentes tentan roubar información persoal e até mesmo cantidades económicas.[3]
Segundo algúns sociólogos, o desenvolvemento do catfishing podería ser unha forma de explorar a identidade sexual en Internet.[4] Por exemplo, no programa da MTV Catfish, baseado no documental do mesmo nome, unha rapaza chamada Sonny comezou a chatear cun modelo chamado Jamison, que finalmente resultou ser un perfil falso creado por Chelsea, unha rapaza que empregou unha identidade virtual alternativa para interactuar con outras mulleres en Internet.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Zimmer, Ben (27 de xaneiro de 2013). "Catfish: How Manti Te'o's imaginary romance got its name". The Boston Globe. Consultado o 23 de setembro de 2015.
- ↑ Harris, Aisha (18 de xaneiro de 2013). "Catfish meaning and definition: term for online hoaxes has a surprisingly long history". Slate. Consultado o 19 de maio de 2016.
- ↑ 3,0 3,1 Wieting, Mark. ABC, ed. "«Romance Scam»: la estafa del amor en internet.". Consultado o 19 de maio de 2016.
- ↑ 4,0 4,1 Slade, Alison F.; Narro, Amber J. & Buchanan, Burton P. (2014). Reality Television: Oddities of Culture. Lexington Books. pp. 237–244. ISBN 978-0-7391-8564-3.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- 5 trucos para detectar un catfish,, vídeo de The Tripletz en YouTube.