Saltar ao contido

Catching Fire

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Catching Fire
Título orixinalCatching Fire
Autor/aSuzanne Collins
Ilustrador/aTim O'Brien
CubertaTim O'Brien
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
LinguaInglés
ColecciónThe Hunger Games
Xénero(s)Aventuras
Ciencia ficción[1]
Acción
EditorialScholastic Press
Data de pub. 1 de setembro de 2009
FormatoImpreso (tapas duras e brandas)
Páxinas392
ISBNISBN 978-0-439-02349-8
Precedido porThe Hunger Games
Seguido porMockingjay
Premios
Na rede
editar datos en Wikidata ]

Catching Fire é unha novela de ciencia ficción escrita pola estadounidense Suzanne Collins que foi publicada en 2009. Como secuela da novela de 2008 The Hunger Games, continúa a historia de Katniss Everdeen e a nación postapocalíptica de Panem. A rebelión contra o opresivo Capitolio comezou, e Katniss e o seu compañeiro tributo Peeta Mellark son obrigados a regresar á area de combate nunha edición especial dos Xogos da fame.

O libro foi publicado o 1 de setembro de 2009 por Scholastic en formato impreso de tapas duras, e posteriormente en formato libro electrónico e audiolibro. A adaptación cinematográfica da novela estreouse o 22 de novembro de 2013. Catching Fire recibiu maioritariamente críticas positivas, que loan a prosa de Collins, o final do libro e desenvolvemento da personaxe de Katniss. De acordo cos críticos, os principais temas do libro son a supervivencia, o control gobernamental, a rebelión e a interdependencia contra a independencia.

  1. "Mockingjay proves the Hunger Games is must-read literature". io9. 26 de agosto de 2010. Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2013. Consultado o 12 de febreiro de 2013.