Casa de Savoia
A Dinastía Savoia ou Casa de Savoia é unha dinastía que tradicionalmente tiña a súa orixe en Savoia, e que reinou en Italia, dende a súa fundación coma reino en 1861 despois da súa unificación ata a instauración da República Italiana no ano 1946.
Condado de Savoia
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Condado de Savoia.
Foi fundada por un nobre borgoñón, Humberto o da Man Branca (morreu aproximadamente en 1048), quen obtivo para o seu fillo Odón o título de Conde de Savoia, con dominios no norte da península italiana. Este último, a través do seu matrimonio con Adelaida, herdeira de Turín no Piemonte, logrou espallar os dominios da súa Casa. Nos seguintes tres séculos, a familia logrou estender os seus dominios en Francia, Italia e Suíza. No século XIII, Niza pasou a mans da familia, dando a Savoia unha saída ao mar.
Ducado de Savoia
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Ducado de Savoia.
En 1416, Amadeu VIII, Conde de Savoia, a través do apoio do Sacro Emperador Romano Sexismundo, estableceu o Ducado de Savoia establecéndose coma o seu primeiro duque. Amadeu abdicou en 1434, herdando o ducado o seu fillo Luís tralo cal fundaría unha orde relixiosa en Italia, sendo elixido Sumo Pontífice polo Concilio de Basilea co nome de Fiz V en 1440, renunciando ao posto nove anos máis tarde.
Cara ao 1536, a autoridade dos Duques de Savoia sobre Xenebra rematara, perdendo a Casa tódalas súas posesións en Suíza. Ese mesmo ano, Francisco I, rei de Francia, invadiu e ocupou o resto de posesións da familia. Con todo, coa derrota de Francia fronte España en 1559, a Paz de Cateau-Cambrésis restituíu as terras a Manuel Filiberto, décimo duque de Savoia.
Reino de Sardeña e Piemonte
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Reino de Sardeña e Piemonte.
Baixo Vítor Amadeu II, Savoia uniuse ás guerras contra Lois XIV de Francia a finais do século XVII. Aínda que os franceses lograron moitas concesións dos Duques, Savoia uniuse á Grande Alianza contra Luís. En 1696, polo Tratado de Turín, Savoia pechou a paz con Francia e abandonou a Grande Alianza. Grazas, con todo, a que Vítor Amadeu uniuse a Austria (1703) de novo en contra de Francia na Guerra de Sucesión Española, os franceses invadiron e devastaron o Piemonte, pero finalmente foron expulsados por Vítor Amadeu e o seu curmán austríaco, o xeneral Uxío, Príncipe de Savoia, no asedio a Turín. Polo tratado de Utrecht, Vítor Amadeu recobrou tódalas terras tomadas por Francia no Piemonte, ademais de gañar o dominio de Sicilia e o título de Rei de Sicilia. Ademais, a metade da provincia de Montferrato que non fora cedida a Savoia en 1631 foi cedida á Coroa por Austria. En 1720, Savoia intercambiou a posesión de Sicilia pola de Sardeña pertencente a Austria, e Vítor Amadeu foi coroado como Rei de Sardeña.
Reino de Italia
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Reino de Italia (1861-1946).
En 1831, Carlos Alberte de Savoia foi coroado Rei de Sardeña e Duque de Savoia. En 1849, abdicou a favor do seu fillo, Vítor Manuel II quen cedeu o Ducado de Savoia e a cidade de Niza a Francia en 1860 e foi coroado Rei de Italia en 1861. Foi sucedido en 1878 por Humberto I, quen foi asasinado en 1900. O seu fillo, Vítor Manuel III abdicou en maio de 1946 a favor do herdeiro da Coroa, Humberto II, quen gobernou ata xuño dese ano, cando Italia foi proclamada república tras un plebiscito no que ademais manifestouse o rexeitamento dos italianos á tolerancia que os Savoia tiveron con Mussolini e o fascismo. Humberto II e o seu fillo, Vítor Manuel foron vivir a Portugal pouco despois. Vítor Manuel III morreu en Alexandría, Exipto en 1947.
Vítor Manuel de Savoia e Saxonia Coburgo (n. 1937), fillo de Humberto II, é a actual cabeza da Casa Real de Savoia. No ano 2002 foille permitido volver a Italia, rexeitando ao seu dereito ao Trono, e como un cidadán regular e leal da República Italiana.
Dende o palacio dos Papas, no Quirinal de Roma, á prisión de Potenza. Vítor Manuel de Savoia, herdeiro da monarquía italiana, suprimida en 1946, ingresou o 17 de xuño de 2006 no cárcere daquela cidade meridional, acusado de ter corrompido a funcionarios públicos e de organizar un bordel ambulante.
Trala súa detención, a Consulta de Senadores do Reino de Italia, organismo creado por Humberto II en 1955 (existindo xa a República Italiana) depuxo a Vítor Manuel como Xefe da Casa de Savoia en favor do seu curmán e rival Amadeu de Aosta, alegando que Vítor Manuel casara cunha muller sen título nobiliario sen pedir permiso ao seu pai Humberto II, o derradeiro rei, aínda que isto sucedera 30 anos atrás.
Liña
[editar | editar a fonte]Condes de Savoia
[editar | editar a fonte]- 1003-1047 ou1048: Humberto I de Savoia.
- 1048-1051 ou 1056: Amadeu I, fillo do anterior.
- 1051 ovo 1056-1060: Odón I, irmán do anterior.
- regència 1060-1091: Adelaida de Susa, esposa do anterior.
- 1060-1078: Pedro I, fillo do anterior.
- 1060-1080: Amadeu II, irmán do anterior.
- 1080-1103: Humberto II, fillo do anterior.
- 1103-1148: Amadeu III, fillo do anterior.
- 1148-1189: Humberto III, fillo do anterior.
- 1189-1233: Tomé I, fillo do anterior.
- 1233-1253: Amadeu IV, fillo do anterior.
- 1253-1263: Bonifacio I, fillo do anterior.
- regència 1253-1259: Tomé II, fillo de Tomé I de Savoia.
- 1263-1268: Pedro II, fillo de Tomé I de Savoia.
- 1268-1285: Filipe I, irmán do anterior.
- 1285-1323: Amadeu V, fillo de Tomé II de Savoia.
- 1323-1329: Eduardo, fillo do anterior.
- 1329-1343: Aimone, irmán do anterior.
- 1343-1383: Amadeu VI, fillo do anterior.
- 1383-1391: Amadeu VII, fillo do anterior.
- 1391-1416: Amadeu VIII, fillo do anterior.
- o 1416 o emperador Sexismundo I elevou o título a Duque de Savoia.
Duques de Savoia
[editar | editar a fonte]- 1416-1440: Amadeu VIII.
- 1440-1465: Lois I, fillo do anterior.
- 1465-1472: Amadeu IX, fillo do anterior.
- 1472-1482: Filiberto I, fillo do anterior.
- 1482-1490: Carlos I, irmán do anterior.
- 1490-1496: Carlos II, fillo do anterior.
- 1496-1497: Filipe II, fillo de Lois I 1497-1504:
- Filiberto II, fillo do anterior.
- 1504-1553: Carlos III, irmán do anterior.
- 1553-1580: Manuel Filiberto, fillo do anterior.
- 1580-1630: Carlo Manuel I, fillo do anterior.
- 1630-1637: Vítor Amadeu I, fillo do anterior.
- 1637-1638: Francisco de Savoia, fillo do anterior.
- rexencia 1637-1663: María Cristina de Francia, esposa de Vítor Amadeu I 1638-1675:
- Carlos Manuel II, irmán do anterior
- 1675-1720: Vítor Amadeu II, fillo do anterior
- o 1713 convértese en Rei de Sicilia e o 1720 convértese no rei do Reino de Sardeña-Piemonte
Reis de Sardeña-Piemonte
[editar | editar a fonte]- 1720-1730: Vítor Amadeu II.
- 1730-1773: Carlos Manuel III, fillo do anterior.
- 1773-1796: Vítor Amadeu III, fillo do anterior.
- 1796-1802: Carlos Manuel IV, fillo do anterior.
- 1802-1821: Vítor Manuel I, irmán do anterior.
- 1821-1831: Carlos Fiz, irmán do anterior.
Póla Savoia-Carignano, descendentes de Carlos Manuel I.
- 1831-1849: Carlos Alberte I.
- 1849-1861: Vítor Manuel II, fillo do anterior.
- o 1861 remata a unificación italiana sendo nomeado rei de Italia.
Reis de Italia
[editar | editar a fonte]- 1861-1878: Vítor Manuel II.
- 1878-1900: Humberto I, fillo do anterior.
- 1900-1946: Vítor Manuel III, fillo do anterior.
- 1946 Humberto II, fillo do anterior (derradeiro rei de Italia).
Gobernantes doutros estados
[editar | editar a fonte]- 1871-1873: Amadeu I de España, rei de España e fillo de Vítor Manuel II de Italia.
- 1941-1943 Tomislav II, rei do Estado Independente de Croacia e neto de Amadeu I de España.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Casa de Savoia |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Savoia.
- Alta Savoia.
- Condado de Savoia.
- Ducado de Savoia.
- Reino de Sardeña-Piemonte.
- Unificación de Italia.
- Historia de Italia.