Saltar ao contido

Carnizaría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Annibale Carracci, A carnizaría (cara a 1580).

Unha carnizaría,[1][2] carnicería,[3] cortadoría[4] ou antigamente buxaría[5] é un establecemento onde se comercializan diferentes tipos de carnes crúas dedicadas ó consumo humano. Xeralmente, na carnizaría realízanse as tarefas de procesado finais tales como despezamento e o picado das carnes. O equipamento mínimo dunha carnizaría consta dun refrixerador industrial, un soporte para o despezamento, un conxunto de coitelos e un mostrador refrixerado.

Ilustración medieval do Tacuina sanitatis (século XIV).

Dende tempos dos romanos, o oficio de carniceiro estivo regulamentado, diversificado e ás veces dotado de certos privilexios. Na idade media europea era un cargo hereditario. En 1096, creouse o primeiro establecemento de venda de carne en París (actual Place du Châtelet) deste xeito iniciouse a caste da Grandepenee en mans dunhas familias determinadas que foron ós poucos facéndose máis ricos (eran só unhas 20 familias aproximadamente). Os estatutos de 1589 en Francia obrigaron ós carniceiros a comercializar a carne xusto no intre no que se pesaba a carne en balanzas, e non a ollo como se viña facendo dende moi antigo.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para carnizaría.
  2. VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para carnicería.
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cortadoría.
  5. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para buxaría.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]