Carme Alvariño
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1953 Santiago de Compostela, España |
Morte | 18 de marzo de 2017 (63/64 anos) Santiago de Compostela, España |
Actividade | |
Ocupación | historiadora |
María del Carmen Alvariño Alejandro, nada en 1953 e finada en Santiago de Compostela o 18 de marzo de 2017[1], foi unha historiadora galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Alvariño era catedrática de Xeografía e Historia de Ensino Medio. Como investigadora, afondou en temas como a catástrofe do Prestige, a Guerra de Iraq[2], o campo de concentración da Lavacolla ou as irmás Fandiño Ricart de Compostela.[3]
Era colaboradora da Asociación Sine Nomine[4] e da Fundación 10 de Marzo[5].
Durante a súa última etapa docente, foi profesora no IES Sar de Santiago de Compostela.[6]
Obra
[editar | editar a fonte]- Materiais didácticos para unha visión non androcéntrica da historia, Editorial Danú. Voulme colectivo.
- Escritos políticos e literarios (prólogo), Col. As letras das mulleres, Sotelo Blanco, 2007
- Vidá cotiá no segundo franquismo, Fundación 10 de Marzo, 2008.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en Esquelasdegalicia.com (en castelán).
- ↑ Educación y compromiso. El IES de Sar responde ante la catástrofe del Prestige y la guerra contra Irak Arquivado 06 de outubro de 2017 en Wayback Machine. (en castelán).
- ↑ Baixo o signo de Olimpia Arquivado 04 de outubro de 2017 en Wayback Machine., María Lopo, El Correo Gallego o 12 de abril de 2017.
- ↑ Do 1 ao 14 de febreiro pódese visitar en Santiago de Compostela a exposición 'En Transición', organizada pola F10M Arquivado 04 de outubro de 2017 en Wayback Machine., CC.OO..
- ↑ Carme Alvariño Alejandro e outros (2008), Vida cotiá no segundo franquismo. En colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia., Fundación do 12 de outubro de 2007.
- ↑ O Grupo de Cidades Patrimonio premia a máis de 220 escolares e reúneos en Córdoba Arquivado 04 de outubro de 2017 en Wayback Machine., Concello de Santiago o 27 de abril de 2010.