Carlos Abraira Cela
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de marzo de 1936 Buenos Aires, Arxentina |
Morte | 18 de febreiro de 2017 (80 anos) Miami, Estados Unidos de América |
Actividade | |
Ocupación | médico, xornalista |
Familia | |
Pai | José Benito Abraira |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada |
Carlos Abraira Cela, nado en Buenos Aires o 25 de marzo de 1936 e finado en Miami (Florida) o 18 de febreiro de 2017,[1] foi un médico e galeguista da Arxentina.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do dirixente galeguista na emigración José Benito Abraira, foi o primeiro Secretario Xeral das Mocedades Galeguistas, membro do consello de redacción do periódico Adiante (1954-1955) e un dos promotores da organización Follas Novas (xullo 1957), divulgadora do libro galego. Licenciado en Medicina pola Universidade de Buenos Aires (1961), traballou no Michael Reese Medical Center de Chicago. Foi profesor na Loyola University e xefe da sección de Endocrinoloxía do Hospital Hines de Chicago. Colaborador na prensa galeguista de Buenos Aires. En 1999 trasladouse a Miami e foi profesor de Medicina na Universidade de Miami.
Obras
[editar | editar a fonte]- Vixencia de Castelao nas novas xeracións galegas, 1961.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Buenos Aires con Rosa María Saffier o 11 de xullo de 1963.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Entrevista ezaroediciones.com