Carcinoma ductal in situ
Carcinoma ductal in situ | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
Imaxe histopatolóxica dun carcinoma ductal in situ de mama. | |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
O carcinoma ductal in situ (CDIS) ou carcinoma intraductal é a forma máis frecuente de cancro de mama non invasor en mulleres e caracterízase polo desenvolvemento de neoplasias nos condutos mamarios do seo. O termo in situ refírese ó feito de que o tumor non saíu do conduto nin invadiu outros tecidos que rodean o seo.
O comedocarcinoma é unha forma de CDIS no que o tumor forma necrose central.[1][2][3]
Epidemioloxía
[editar | editar a fonte]Dende a aparición e uso da mamografía, o CDIS converteuse nun dos trastornos mamarios máis diagnosticados, ocupando un 20% dos cancros diagnosticados nos programas de cribado de cancro de mama.[4] A miúdo coñéceselle como o estadio 0 do cancro de mama. Nos países onde a mamografía non é común, o CDIS tende a ser diagnosticado en etapas máis avanzadas e tardías, mentres que co uso frecuente da mamografía, pódese diagnosticar un CDIS antes de que chegue a ser unha masa palpable na mama. Aínda que o carcinoma ductal in situ é inofensivo de seu, atopáronse evidencias de que en até un 2% dos casos pode aparecer metástase.[5]
Diagnose
[editar | editar a fonte]O carcinoma ductal in situ (CDIS) adóitase descubrir por medio dunha mamografía, como unha ou varias masas calcificadas, chamadas microcalcificaciones. Porén, non todas as microcalcificacións representan un CDIS, polo que se require confirmación por medio dunha biopsia. O CDIS pode ser multifocal e o tratamento diríxese á escisión dos elementos anormais do conduto mamario, deixando no seo só as rexións libres do carcinoma. A miúdo decídese aplicar radioterapia despois da resección do seo.[6] Co tratamento axeitado, un CDIS ten pouco risco de desenvolverse nun cancro invasor, un risco considerablemente menor aínda despois da radioterapia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Yale: Cardiothoracic Imaging - Comedocarcinoma of the right breast". Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2008. Consultado o 03 de agosto de 2008.
- ↑ Definition: comedocarcinoma from Online Medical Dictionary
- ↑ Pathology
- ↑ Ersnter VL, Ballard-Barbash R, Barlow WE, et al. Detection of ductal carcinoma in situ in women undergoing screening mammography. J Natl Cancer Inst 2002; 94:1546–54 [PMID 12381707]
- ↑ Kelly TA, Kim JA, Patrick R, Grundfest S, Crowe JP. Axillary lymph node metastases in patients with a final diagnosis of ductal carcinoma in situ. Am J Surg 2003; 186:368–70 [PMID 14553852]
- ↑ HEPP, Rodrigo e BAEZA B, M Ramón. Tratamiento conservador del carcinoma ductal in situ de la mama. Rev. méd. Chile. [online]. nov. 1999, vol.127, no.11 [citado 24 setembro de 2008], p.1345-1350. Dispoñible na World Wide Web: [1]. ISSN 0034-9887.