Caerleon
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Reino Unido | ||||
País | Gales | ||||
Distritos (pt) | Newport (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 7.971 (2021) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | NP18 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 01633 | ||||
Sitio web | caerleon.net |
Caerleon (Caerllion en galés) é unha vila suburbana do sur de Gales, localizada no condado de Gwent á beira do río Usk e na periferia norte de Newport. Segundo o censo do 2001 tiña unha poboación de 8 708 habitantes. Tamén é un centro arqueolóxico de grande importancia, con vestixios dunha fortaleza romana ("Isca Augusta") e unha construción da Idade de Ferro.
Materia de Bretaña
[editar | editar a fonte]Caerllion é descrito en Historia Regum Britanniæ de Geoffrey de Monmouth, como unha das cidades máis importantes da Bretaña. A narración vai dende a súa fundación polo rei Belinus até a designación como sede bispal en época de san Dubricius. Posteriormente, San David trasladará a sede á catedral de San David. Geoffrey de Monmouth foi quen situou alí a corte do Rei Artur. Foi Chrétien de Troyes quen introduciu o nome de Camelot nas lendas da Materia de Bretaña.