Bruck an der Mur
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Austria | |||
Estados | Estiria | |||
Distrito da Áustria (pt) | Bruck-Mürzzuschlag (distrito) (pt) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 15.837 (2019) (412,42 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 38,4 km² | |||
Bañado por | Rio Mur (pt) | |||
Altitude | 468 m-491 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Creación | século XIII | |||
Organización política | ||||
Membro de | ||||
Orzamento | 43.943.000 € (2021) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 8600 | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 03862 | |||
Código municipal austríaco | 62139 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Sitio web | bruckmur.at |
Bruck an der Mur é unha cidade do Land austríaco de Estiria.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Encóntrase na confluencia dos ríos Mur e Mürz. Favorecida pola súa situcación no cruzamento de grandes camiños e polo súa proximidade a centro siderúrxico de Leoben, conta con manufacturas en produtos de papel. É unha cidade industrialmente activa, e un nó ferroviario na liña principal entre Graz e Viena.
Situada a unha altitude de entre os 468 e os 491 msnm, a cidade ocupa unha superficie de 85,45 km².
Segundo o censo do 1 de xaneiro de 2022, a súa poboación é de 15 720 habitantes,[1] polo que a súa densidade de poboación é de 184 hab./km².
Historia
[editar | editar a fonte]O rexistro máis antigo que se conserva de Bruck data da época do rei Lois o Xermánico (c. 806-876), sucesor de Ludovico Pío, cando foi identificado, nun rexistro do 20 de novembro de 860, como "ad prucam", un pazo do arcebispado de Salzburgo. O asentamento identificado entón con este nome estaba no lugar que actualmente ocupa o arrabalde agora chamado "St. Ruprecht". O asentamento situado entón no que hoxe é o centro de Bruck é identificado nun rexistro do século IX como "muorica kimundi" (é dicir, a desembocadura do río Mürz).
A cidade foi fundada en 1263 polo rei Otakar II de Bohemia.
Bruck an der Mur foi un importante centro comercial medieval especializado na forxa do ferro.
Foi o lugar de nacemento do duque Ernesto I de Habsburgo O Férreo ou O duque de Ferro, que foi duque de Estiria, Carintia e Carniola, e despois arquiduque de Austria.
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]- Unha igrexa de estilo gótico do século XV.[2]
- A famosa casa Kornmesser, un edificio de estilo veneciano, construído por Pankraz Kornmesser, no mesmo século (ver na foto arriba).
- As ruínas da antiga fortaleza de Landskron, queimada nun incendio en 1792.
Cidaes irmandadas
[editar | editar a fonte]Bruck an der Mur está irmandada con:
- Hagen-Hohenlimburg, Alemaña
- Liévin, Francia
- Veroli, Italia
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Austria: Bevölkerung am 1.1.2022 nach Ortschaften (Gebietsstand 1.1.2022) (ODS) Arquivado 02 de agosto de 2022 en Wayback Machine..
- ↑ "Heiligen Geist Kapelle Bruck an der Mur" en zottmann.at (en alemán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bruck an der Mur |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial (en alemán).