Brenthis ino
Brenthis ino | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Brenthis ino' Rottemburg, 1775 | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Papilio ino Rottemburg, 1775 |
Brenthis ino é un insecto lepidóptero da familia Nymphalidae.
Descrición
[editar | editar a fonte]
Brenthis ino é unha bolboreta de tamaño medio, cunha envergadura de 34 a 42 milímetros. As femias son máis grandes e xeralmente máis escuras que os machos. As antenas son claviforme. A cor básica da parte superior das ás é de cor laranxa con varias manchas de cor marrón escura. Os bordos son de cor marrón tamén, cunha raia descontinua de pequenas manchas. A parte inferior das ás é cremoso-laranxa cun bordo dentado e manchas marróns escuras nas ás anteriores, mentres que as ás posteriores mostran manchas de cor beige-marrón no fío e algunhas manchas marróns escuras e violeta anilladas como sombreado. As ás desta especie carecen de manchas prateadas. A bolboreta voa entre xuño e agosto, dependendo da localización. Pasa o inverno en forma de eiruga. As larvas aliméntanse de Filipendula ulmaria , Filipendula vulgaris, Rubus saxatilis, Rubus idaeus, especies de Aruncus e Spiraea e Sanguisorba minor.
-
Brenthis ino
-
△ Brenthis ino
Subespecies
[editar | editar a fonte]- Brenthis ino ino
- Brenthis ino achasis (Fruhstorfer, 1907)
- Brenthis ino acrita (Fruhstorfer, 1907)
- Brenthis ino adalberti (Fruhstorfer, 1916)
- Brenthis ino amurensis (Staudinger, 1887)
- Brenthis ino maxima (Staudinger, 1887)
- Brenthis ino paidicus (Fruhstorfer, 1907)
- Brenthis inoparvimarginalis Nakahara, 1926
- Brenthis ino schmitzi Wagener, 1983
- Brenthis ino siopelus (Fruhstorfer, 1907)
- Brenthis ino tigroides (Fruhstorfer, 1907)
- Brenthis ino trachalus (Fruhstorfer, 1916)
Distribución
[editar | editar a fonte]Está presente en España, Francia, Italia, en Europa central e do norte, en Siberia, na Asia tépeda, no norte de China e en Xapón.[2]
Hábitat
[editar | editar a fonte]Esta especie prefire os prados húmidos e turbeiras nunha elevación de 0 a 1500 metros sobre o nivel do mar.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Parella.
-
Eiruga.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ funet
- ↑ "Fauna europaea". Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2014. Consultado o 14 de setembro de 2023.