Saltar ao contido

Bougainville

Modelo:Xeografía físicaBougainville
(fr) Bougainville Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
EpónimoLouis Antoine de Bougainville Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaIllas Salomón e Arquipélago das illas Salomón Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteOceanía insular Editar o valor en Wikidata
División administrativaRexión Autónoma de Bougainville, Papúa Nova Guinea e North Solomons, Papúa Nova Guinea (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 6°14′40″S 155°23′02″L / -6.2444444444444, 155.38388888889
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude2.715 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións64 (ancho) × 204 (lonxitude) km
Punto máis altoMonte Balbi (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata  (2.715 m Editar o valor en Wikidata )
Superficie9.318 km² Editar o valor en Wikidata

Bougainville é unha illa do arquipélago de Salomón pero pertencente a Papúa Nova Guinea dentro da Rexión Autónoma de Bougainville, con 10.000 quilómetros cadrados e máis de 100.000 habitantes. De orixe volcánica, o seu punto culminante é o Monte Balbi con 2.715 metros. A cidade principal é Arawa. A illa está habitada polo pobo nasioi.

Descubrimento e colonización

[editar | editar a fonte]

Deulle nome o francés Louis Antoine de Bougainville, que a descubriu o 1768, pero non deixou asentamentos europeos.

Nova Guinea converteuse nunha colonia administrada pola Compañía de Nova Guinea do 1885 ao 1889. O 1 de abril de 1889, Nova Guinea quedou constituída en colonia alemá e, por tratado cos ingleses, delimitouse a illa.

Ocupada polos australianos en 1915, foi colocada baixo administración australiana, por encargo da Sociedade de Nacións, o 9 de maio de 1921.

Mandato australiano

[editar | editar a fonte]

En 1942 foi ocupada polos xaponeses e recuperada por Australia en 1945, sendo confirmado o mandato que xa tiñan en 1946. O 1 de xullo de 1949 incorporouse ao territorio australiano de Papúa-Nova Guinea formado pola antiga colonia británica de Nova Guinea (transferida a Australia o 1 de setembro de 1906 co nome de Papúa) e a Nova Guinea ex alemá.

A loita coas compañías mineiras australianas (a CRA, unha subsidiaria de Conzinc RioTinto, unha grande empresa mineira multinacional, que era a dona do 53% da Bougainville Copper Ltd-BCL) comezou en 1969 e converteuse en dramática en 1972, con manifestacións e mobilizacións xerais da poboación.

Independencia

[editar | editar a fonte]

O 1 de setembro de 1975 as autoridades provinciais da illa Bougainville (incluíndo a illa de Buka) proclamaron a independencia co nome de República de Salomón do Norte. A nova República adoptou unha bandeira nacional elixida nun concurso. O 16 de setembro de 1975 Papúa Nova Guinea conseguiu a independencia, incluíndo formalmente á República de Salomón do Norte. Froito dun acordo político (1976) a república disolveuse en 1977 e a lei 1/1977 estableceu un virtual estado federal (sen darlle este nome), con asembleas provinciais, e con dereito a bandeira para todas as provincias. A bandeira republicana foi recoñecida como bandeira provincial de Bougainville-Buka (Provincia de Salomón do Norte).

A pesar do anterior, os dereitos sobre a terra e as minas conduciron a unha segunda secesión e o 17 de maio de 1990 proclamouse a República de Bougainville. Francis Ona, xefe do Exército Republicano de Bougainville, foi proclamado presidente provisional. Non houbo cambio de bandeira. Pouco despois adoptouse un nome nativo para a República, que foi o de República de Meekamui. Logo de anos de loita, en 1995 o exército de Papúa Nova Guinea actuou sen mesura e as propias forzas armadas opuxéronse á represión.

Cara a un estado autónomo

[editar | editar a fonte]

En 1996 comezaron conversacións e o 23 de xaneiro de 1998 chegouse a unha tregua que levou a un acordo de paz en 2001, avalado por Australia, e un estatuto de autonomía provisional o 27 de marzo do 2002. Tras tres anos de negociacións, celebráronse eleccións e estableceuse un definitivo estatuto de ampla autonomía para a illa con dereito á autodeterminación para o cabo de entre dez e quince anos, que entrou en vigor o 15 de xuño do 2005. A bandeira de sempre foi recoñecida como bandeira do estado autónomo.

Lista de gobernantes

[editar | editar a fonte]
  • Hyakutake Seikichi 1942-1945
  • Kanda Masatane 1945
  • Oscar Woolverton Griswold 1843-1944 (parte ocupada polos americanos)
  • Sir Stanley George Savige 1944-1945 (gobernador militar australiano)
  • Sen un goberno único 1945-1975 (gobernos locais nas vilas)
  • Alexis Sarei 1975-1980 (primeira vez, gobernador provincial presidente da República de Salomón do Norte, gobernador da provincia autónoma de Salomón do Norte)
  • Leo Hannett 1980-1984 (gobernador de provincia autónoma)
  • Alexis Sarei 1984-1987 (segunda vez, gobernador de provincia autónoma)
  • Joseph Kabui 1987-1990 (gobernador de provincia autónoma)
  • Sam Tulo 1990-1995 (administrador do goberno central)
  • Francis Ona 1990-1998 (Presidente do Bougainville Interim Government, rebelde)
  • Theodore Miriung 1995-1996 (presidente do goberno provincial)
  • Gerard Sinato 1996-1998 (presidenta do goberno provincial)
  • Gerard Sinato e Josep Kabui 1999 (co presidentes da Asemblea Constituínte de Bougainville)
  • John Momis 1999-2005 (gobernador especial e despois presidenta do goberno autónomo provisional)
  • Gerard Sinato 2005 (gobernador provisional por entrega do poder)
  • Joseph Kabui 2005- (presidente do goberno autónomo)