Saltar ao contido

Botella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Botella
Botella de vidro coloreado

Unha botella é un recipiente co pescozo estreito que se utiliza para conservar, almacenar e transportar líquidos.

Fabrícase en diversos materiais que debido ao seu labor deben ser estancos. Os máis comúns son o plástico e o vidro.

As capacidades máis comúns son:

  • Para o viño: 75 cl
  • Para a auga: 50, 75, 100, 150, 200 cl. Se a medida é superior, adoita incorporar unha asa pasando a denominarse garrafa. Se a medida é inferior a 50 cl, adóitase denominar botello.

Os modelos de botella máis utilizados para envasar viño son:

Botella de vidro

[editar | editar a fonte]
Botellas de vidro, para leite

Utilízase para aqueles produtos cuxas propiedades non se alteran baixo os efectos da luz. En caso contrario, precísase utilizar envases opacos como latas ou bricks.

A fins do século XX o seu uso para as bebidas de consumo masivo tendeu a declinar, substituídas por envases plásticos sen retorno. Con todo, existen campañas en varios países contra os envases de PVC, polos problemas que causa ao medio ambiente.

A botella de vidro leva pegada unha ou varias etiquetas de papel nas que se especifica o produto e a marca así como as informacións legais: composición, razón social do fabricante etc.

Partes da botella

[editar | editar a fonte]

A botella componse das seguintes partes (de arriba a abaixo):

  • Boca: orificio por onde se verte o líquido
  • Fío ou hélice
  • Anel
  • Pescozo
  • Costas
  • Corpo
  • Fondo
  • Anel de amoreamento

Tipos de peche

[editar | editar a fonte]
  • Para líquidos envasados sen presión
  • Rosca estándar
  • Rosca inviolable. Para abrir a botella é necesario forzar o precinto da rosca.
  • Tapón de cortiza. O propio tapón é o que exerce a presión lateral.
  • Para líquidos envasados con presión
  • Tapón coroa
  • Twist-off coroa
    • Eurospin
    • DiTAB
  • Para líquidos envasados con ou sen presión

A botella de viño péchase tradicionalmente con tapón de cortiza. Por iso, recoméndase que se garde en horizontal para mantelo húmido pois se se seca, o viño corre o risco de oxidarse.

Botella Codd

[editar | editar a fonte]
Botella Codd.

1872: o fabricante de bebida gasosa Hiram Codd deseña e patenta unha botella para bebida carbonatada. A botella de pescozo Codd, incluía un marbete e un tapón de vidro no pescozo. As botellas enchíanse ao revés, e a presión do gas carbónico na botella forzaba o tapón contra o pico, selándoa. A botella tiña a forma da foto, á dereita, cunha cámara dentro da cal o tapón podía ser empuxado para abrir a botella e non se bloqueaba ao servir.

Despois da súa introdución, a botella fíxose extremadamente popular en Europa, Asia e Australia, así como os bebedores de alcol desdeñaban o seu uso. O termo codswallop orixinado en cervexa vendida en botellas Codd, fixo que a cervexa se fixese popular e coñecida como wallop. Non hai definitiva evidencia disto.

Na Arxentina, a marca de bebida gasosa que a popularizou chamábase "Chinchibirra".

O envasado Codd produciuse regularmente por moitas décadas, pero gradualmente fíxose antigo. Como os nenos rompían as botellas para extraer os tapóns de bóla de vidro, fixéronse moi raros e apareceron coleccionistas, particularmente en Reino Unido. Unha botella Codd cor cobalto custa miles de libras esterlinas no mercado de antigüidades. O deseño do pescozo Codd aínda se usa no Xapón en bebidas soft ramune.

Na antiga Roma co termo ampulla, botella, designábase unha vasilla que tivese calquera forma e que estivese feita de calquera materia, pero sobre todo o nome servía para designar un recipiente co pescozo longo e estreito e o corpo inflado. Nas escavacións da cidade de Roma atopáronse botellas de moi diferentes modelos. En relación con esta palabra podemos mencionar os seguintes termos:

  • A ampulla olearia: botella que servía para conter aceite e levaba aos baños para verter sobre a strigilis, que era unha especie de almohaza que servía para limparse a pel despois do baño.
  • A ampulla rubida: estaba recuberta de coiro e empregábase nas viaxes para conservar algún tipo de líquido.
  • Ampullarius: era o artesán cuxo oficio consistía en cubrir con coiro as botellas de vidro.
  • Ampulla: terzo superior do oviduto, lugar onde leva a cabo o proceso de fecundación.