Saltar ao contido

Bird Box (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bird Box
Ficha técnica
Título orixinalBird Box
DirectorSusanne Bier
Produtor
GuiónEric Heisserer
Baseado enBird Box de Josh Malerman
Intérpretes
MúsicaTrent Reznor
Atticus Ross
FotografíaSalvatore Totino
MontaxeBen Lester
EstudioBluegrass Films
Chris Morgan Productions
DistribuidoraNetflix
EstreaAFI Fest: 12 de novembro de 2018
14 de decembro de 2018
Duración124 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroSuspense
Orzamento19,8 millóns de dólares[2]
Na rede
https://www.netflix.com/title/80196789
IMDB: tt2737304 Filmaffinity: 519772 Allocine: 222801 Rottentomatoes: m/bird_box Allmovie: v711541 TCM: 2160061 Metacritic: movie/bird-box TV.com: movies/bird-box
Instagram: birdboxmovie Netlix: 80196789 Editar o valor en Wikidata

Bird Box é un filme estadounidense postapocalíptico de 2018 dirixido por Susanne Bier. O guión é obra de Eric Heisserer e baséase na novela de 2014 Bird Box, de Josh Malerman. Está protagonizado por Sandra Bullock. Trevante Rhodes, Jacki Weaver, Rosa Salazar, Danielle Macdonald, Lil Rel Howery, Tom Hollander, BD Wong, Sarah Paulson, Machine Gun Kelly (acreditado como Colson Baker) e John Malkovich forman o resto do elenco.

Bird Box estreouse internacionalmente no AFI Fest o 12 de novembro de 2018, e tivo unha estrea limitada nos Estados Unidos o 14 de decembro antes da súa estrea mundial en liña a través de Netflix o 21 de decembro de 2018.

O filme conta a historia dunha muller, interpretada por Sandra Bullock, que xunto a dous nenos debe atravesar un bosque e un río cos ollos pechados co obxectivo de evitar unhas entidades sobrenaturais que provocan que a xente cometa suicidio despois de ollar cara a eles.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Bird Box". AFI Fest. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2019. Consultado o 26 de outubro de 2018. 
  2. California Film Commission (ed.). "Film and Television Tax Credit Program Program 2.0" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de outubro de 2017. Consultado o 4 de outubro de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]