Saltar ao contido

Biblioteca Pública de Pontevedra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Biblioteca Pública do Estado en Pontevedra
Fachada na rúa Afonso XIII
Edificio
TipoBiblioteca
EstiloArquitectura moderna
EnderezoRúa Afonso XIII, 3
LocalizaciónPontevedra
Coordenadas42°25′57″N 8°39′02″O / 42.432451, -8.650657
PropietarioMinisterio de Cultura e Deporte de España
Uso(s)Biblioteca do Estado
Construción
Inicio1848
Construción1988
Dimensións
Superficie3 300 m2
Plantas6 (planta baixa + 4 andares + soto)
Número de ascensores1
Equipo
Arquitecto(s)Julio Simonet Barrio
editar datos en Wikidata ]

A Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola forma parte da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e da Rede de Bibliotecas Públicas do Estado, como unha das 53 bibliotecas que a constitúen. A súa xestión foi transferida a través da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

Está adicada a Antonio Odriozola Pietas,[1] quen se estableceu en Pontevedra en 1964, onde levou a cabo gran parte do seu traballo como bibliógrafo, investigador e erudito.[2]

A Biblioteca Pública de Pontevedra naceu no ano 1848,[3] data na que recibiu os antigos fondos de mosteiros e conventos extinguidos pola Desamortización. Instalouse no Instituto Provincial de Segunda Ensinanza, no antigo Colexio dos Xesuítas,[4] abrindo as súas portas o 2 de febreiro de 1849.

Ao longo da súa historia ocupou diferentes sedes. En 1907 situouse no Pazo Provincial pasando despois ao arquivo da Delegación de Facenda e, por último, no Instituto de Ensinanza Media en 1931.[5] En 1960 trasladouse ao edificio do Paseo de Colón da Casa dos Fonseca, compartindo espazo co Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra.[6]

Para poñer fin á situación de falta de espazo e escaseza que sufrían a Casa dos Fonseca e a biblioteca,[7] e tras estudar varias posibles localizacións, o 7 de setembro de 1984 o Ministerio de Cultura comprou un soar utilizado como garaxe pola empresa de autobuses La Unión, na rúa Afonso XIII. O Ministerio de Cultura construíu alí un novo edificio de cinco plantas para a biblioteca (soto, planta baixa e catro pisos).

O proxecto foi realizado polo arquitecto do Ministerio de Cultura Julio Simonet Barrio. Deseñou un edificio de 3.300 metros cadrados distribuídos en cinco plantas, con tres salas de lectura para 200 persoas cada unha, unha sala de reunións e conferencias, unha fonoteca e unha sala de exposicións, así como catro grandes depósitos cunha capacidade total de 280.000 libros.[8] A finais de 1987 a biblioteca trasladouse a esta localización e o edificio foi inaugurado o 21 de xaneiro de 1988.[9]

En 1989 a xestión da biblioteca pasou a ser asumida pola Xunta de Galicia.[10]

O 28 de abril de 1995, a Biblioteca Pública de Pontevedra recibiu o nome de Antonio Odriozola, en honra ao seu labor como bibliógrafo e investigador dos fondos da biblioteca.[11]

Instalacións

[editar | editar a fonte]
Sala infantil
  • Planta baixa: a biblioteca conta cunha sala de exposicións e un salón de actos con capacidade para 249 persoas. Están nesta planta tamén os aseos para persoas con discapacidade e os cambiadores de cueiros.
  • Primeira planta: ocupan o primeiro andar a sala de obradoiros con capacidade para 25 persoas, a sala de reunións para 20 persoas e a sala infantil da biblioteca, con fondos para rapaces de 0 a 14 anos, e unha colección de pais e nais.
  • Segunda planta: a sala de préstamo de adultos ocupa toda a segunda planta da biblioteca. Pódense atopar aquí publicacións periódicas actuais (prensa e revistas), os audiovisuais, os cómics e a colección accesible, ademais dunha ampla colección de literatura e libros informativos. Está neste mesmo andar o despacho de dirección.
  • Terceira planta: aquí está a sala de consulta e estudo da biblioteca, que conta cunha ampla colección de referencia non prestable a domicilio. É aquí onde se debe consultar o fondo antigo da hemeroteca, os boletíns oficiais en liña, as coleccións especiais e o fondo antigo da biblioteca, e onde se prestan os portátiles de uso en sala.

Coleccións

[editar | editar a fonte]

A biblioteca de Pontevedra conta con:[12]

  • Colección local sobre temas e autores pontevedreses que inclúe o Depósito Legal.
  • Colección infantil para lectores de 0 a 13 anos dividida por idades e centros de interese. A colección infantil compleméntase cun centro de interese permanente con libros e outros materiais para pais e nais.
  • Hemeroteca con títulos desde o século XIX ata a actualidade, entre os que atopamos revistas, prensa e boletíns oficiais.
  • Sección de audiovisuais que conta cunha colección de vídeos, DVD, Blu-ray, CD e CD-ROM, casetes e discos de vinilo.
  • Colección de cómic está formada por cómics de tódolos xéneros (aventuras, novela gráfica, humor, fantasía, ciencia ficción...) con espazo para a banda deseñada en galego, e tamén o cómic norteamericano, español, europeo, hispanoamericano e o manga xaponés.
  • Colección de libros informativos está formada por documentos de non ficción clasificados pola Clasificación Decimal Universal (CDU).
  • Coleccións especiais: Ademais dos primitivos fondos provenientes da Desamortización, a biblioteca foi incorporando ao longo da súa historia numerosas adquisicións de coleccións diversas, conformando o fondo co que conta hoxe.[13]
  • Colección accesible de libros adaptados a lectores que teñen diferentes disfuncións de lectura.
  • Literatura: Fondo composto polas obras literarias (novelas, poesía, teatro...) destinadas a adultos, e a crítica literaria.
  • Colección xuvenil.

A biblioteca pon á disposición dos usuarios unha serie de servizos adicionais que se listan a continuación:[14]

  • Consulta en sala.
  • Préstamo (individual, colectivo e interbibliotecario).
  • Préstamo de portátiles e lectores de libros electrónicos.
  • Investigación e/o sección local.
  • Servizo de Información e Referencia.
  • Formación de usuarios.
  • Visitas guiadas.
  • Servizo de reprodución de documentos (fotocopia).
  • Salas de traballo en grupo; salón de actos; sala de exposicións (posibilidade de reserva de salas).
  • Biblioteca accesible

Servizos electrónicos

[editar | editar a fonte]

Algúns servizos electrónicos que ofrece a Biblioteca son:[15]

  • Acceso ao catálogo da Rede de Bibliotecas de Galicia
  • Acceso a documentos electrónicos en soporte físico
  • Acceso a documentos electrónicos en rede local e/ou en servidores de provedores
  • Acceso público a Internet
  • Servizo Wi-Fi
  • Páxina Web
  • Ofimática
  • Servizo de subministración electrónica
  • Servizo de equipación informática accesible con hardware e software adaptados a persoas con problemas físicos e cognitivos

Actividades

[editar | editar a fonte]
  • Asistencia e colaboración con eventos culturais
  • Exposicións e mostras bibliográficas[16]
  • Aprendizaxe (Formación en: idiomas, ofimática, navegación por Internet,...)
  • Formación de GaliciaLe
  • Animación a lectura e/ou Clubs de lectura[17]
  1. "Antonio Odriozola, bibliógrafo". El País (en castelán). 10 de decembro de 1987. 
  2. "Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola". Biblioteca do Estado en Pontevedra (en castelán). 20 de xaneiro de 2017. 
  3. "La biblioteca de Pontevedra 'presume' de historia con una exposición sobre su origen". Pontevedra Viva (en castelán). 21 de outubro de 2022. 
  4. "La biblioteca lee sobre su propia historia". La Voz de Galicia (en castelán). 25 de outubro de 2013. 
  5. "Cuando Odriozola dio nombre a la Biblioteca". Faro (en castelán). 20 de xaneiro de 2013. 
  6. "El organismo se instaló en 1960 en la Casa de los Fonseca". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de setembro de 2007. 
  7. "Compra de un solar en Alfonso XIII para la nueva Biblioteca". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de setembro de 2017. 
  8. "Cuando Odriozola dio nombre a la Biblioteca". Faro (en castelán). 20 de xaneiro de 2013. 
  9. "Nueva sede para la Biblioteca Pública en la rúa Alfonso XIII". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de setembro de 2018. 
  10. "Iceta sitúa en 2025 la reapertura de la vieja sede de Hacienda". Diario de Pontevedra (en castelán). 19 de maio de 2023. 
  11. "La Biblioteca Pública recibe el nombre de Antonio Odriozola". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de abril de 2018. 
  12. "Las viejas oficinas de Hacienda podrían ser sede única del Archivo y la Biblioteca". Diario de Pontevedra (en castelán). 26 de outubro de 2020. 
  13. "Las viejas oficinas de Hacienda podrían ser sede única del Archivo y la Biblioteca". Diario de Pontevedra (en castelán). 26 de outubro de 2020. 
  14. "Servicios. Biblioteca Pública de Pontevedra". Xunta de Galicia (en castelán). 1 de xullo de 2021. 
  15. "La biblioteca lee sobre su propia historia". La Voz de Galicia (en castelán). 25 de outubro de 2013. 
  16. "Dos exposiciones y dos obradoiros en la biblioteca de Pontevedra para el Día das Letras Galegas de Xela Arias". Pontevedra Viva (en castelán). 23 de marzo de 2021. 
  17. "Los clubes de lectura triunfan en Pontevedra". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de outubro de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]