Bernardo Lecocq
Aparencia
![]() | Atención: Este artigo é demasiado curto e precisa dun traballo de ampliación. |
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2019.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de febreiro de 1734 ![]() A Coruña, España ![]() |
Morte | 7 de decembro de 1820 ![]() Montevideo, Uruguai ![]() |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeiro, militar ![]() |
Carreira militar | |
Rango militar | Xeneral ![]() |
Familia | |
Fillos | Francisco Lecocq ![]() |
Bernardo Lecocq Onesy, nado na Coruña o 10 de febreiro de 1734 e finado en Montevideo o 7 de decembro de 1820, foi un enxeñeiro militar de orixe galega que estivo logo da proclamación de independencia ao servizo das novas autoridades.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado na Coruña en 1734, de pai flamengo e mai irlandesa, ingresou no exército. En 1770 estaba en América no vicerreinado da Prata. En 1773 estivo destinado na fronteira da Banda Oriental (actual Uruguai), dirixindo en 1776 as obras de fortificación na cidade de Montevideo e outras obras. Proclamada a independencia, Lecocq ficou na Arxentina, para pasar máis tarde (1812) a Montevideo onde faleceu en 1820.