Saltar ao contido

Baud

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O baud é unha unidade de medida utilizada en telecomunicacións, que representa o número de símbolos por segundo nun medio de transmisión dixital.[1] Cada símbolo pode comprender 1 ou máis bits, dependendo do esquema de modulación.

É importante resaltar que non se debe confundir a velocidade en baud (baud rate) coa taxa de bits (bit rate), xa que cada evento de sinalización (símbolo) transmitido pode transportar un ou máis bits. Só cando cada evento de sinalización (símbolo) transporta un só bit coinciden a velocidade de transmisión de datos en baud e en bits por segundo. Os sinais binarios teñen a taxa de bit igual á taxa de símbolos (rb = rs), co cal a duración de símbolo e a duración de bit son tamén iguais (Ts = Tb).

Onde:

: réxime binario ou taxa de bits

: taxa de modulación ou taxa de símbolos e

: número de bits por nivel para a codificación de liña.

O baud utilizouse orixinariamente para medir a velocidade das transmisións telegráficas, tomando o seu nome do enxeñeiro francés Jean Maurice Baudot, quen foi o primeiro en realizar este tipo de medicións.

O baud pode escalarse en termos métricos, así:[1]

  • 1 kBd (quilobaud) = 1000 Bd
  • 1 MBd (megabaud) = 1000 kBd
  • 1 GBd (xigabaud) = 1000 MBd.

No caso das máquinas teletipo, aínda en uso nalgúns medios, dicíase que a velocidade de transmisión era normalmente de 50 baud. Neste caso, os eventos eran simples cambios de voltaxe 1 --> (+), 0 --> (–), cada evento representaba un só bit ou impulso elemental, e a súa velocidade de transmisión en bits por segundo coincidía coa velocidade en baud.

Con todo, nos módems que utilizan diversos niveis de codificación, por exemplo mediante modulación de fase, cada evento pode representar máis dun bit, co cal xa non coinciden bits por segundo e baud.

  1. 1,0 1,1 Tanenbaum, Andrew S. "2.5 La red telefónica pública conmutada". Redes de computadoras (en español). Pearson. ISBN 970-26-0162-2. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]