Saltar ao contido

Baleiro (astronomía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Universo nun raio de 1.000 millóns de anos luz (307 Mpc) da Terra, móstrase o supercúmulo local e os baleiros
O Universo nun raio de 500 millóns de anos luz da Terra, móstrase o filamento de galaxias máis próximo

Un baleiro en astronomía é o espazo entre filamentos, a estrutura de maior escala do Universo, que contén moi poucas ou ningunha galaxia. Descubriuse en 1978 durante un estudo pioneiro realizado por Stephen Gregory e Laird A. Thompson no Observatorio Nacional de Kitt Peak.[1] Os baleiros teñen normalmente un diámetro que varía de 11 a 150 Mpc. Os grandes baleiros, definidos pola ausencia de ricos supercúmulos, coñécensen como superbaleiros. Os baleiros que se atopan en contornas de alta densidade son máis pequenos que aqueles situados en áreas de baixa densidade do Universo.[2]

Os baleiros formáronse por mor da oscilación acústica de barións no Big Bang, debido ao colapso de masas seguido por implosións de materia comprimida de barións. O exterior dos baleiros é o que queda dos choques frontais ocasionados por este proceso.

Referencias

[editar | editar a fonte]
  1. Freedman, R.A., & Kaufmann III, W.J. (2008). Stars and galaxies: Universe. New York City: W.H. Freeman and Company
  2. O. Lindner, J. Einasto, M. Einasto, W. Freudling, K. Fricke, I. Tago «The Structure of Supervoids I: Void Hierarchy in the Northern Local Supervoid The structure of supervoids. Arquivado 24 de maio de 2011 en Wayback Machine.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]