Baldomero Fernández Calviño
Nome orixinal | (es) José Baldomero Fernández Calviño |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 18 de setembro de 1923 Santa Cruz de la Palma, España |
Morte | 12 de novembro de 2017 (94 anos) A Coruña, España |
Representante da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa | |
Representa: España 23 de xaneiro de 1978 – 1 de abril de 1983 | |
Procurador en Cortes | |
11 de novembro de 1971 – 30 de xuño de 1977 Lexislatura: X lexislatura das Cortes franquistas | |
Senador de España | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político |
José Baldomero Fernández Calviño, nado en Santa Cruz de la Palma o 18 de setembro de 1923 e finado na Coruña o 12 de novembro de 2017, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou o bacharelato no Instituto de Ensinanza Media da Coruña. Diplomouse na Escola de Socioloxía en Madrid e obtivo o título de Graduado Social na Escola da Universidade de Santiago de Compostela. En Madrid ingresou no Frente de Juventudes e foi Delegado de Juventudes e Secretario Local do Movimiento Nacional en Narón. Funcionario do concello de Porto do Son, foi correspondente de La Noche en Porto do Son,[1] e patrón maior da cofraría de Porto do Son nos anos sesenta.[2] Foi procurador nas Cortes franquistas en representación das confrarías de pescadores como presidente da Federación de Confrarías de Pesca de España. Na transición afiliouse ó Partido Gallego Independiente, foi senador (1977-1982) coa Unión de Centro Democrático e conselleiro de Pesca (1979-1982). Finou na Coruña o 12 de novembro de 2017.[3]
Predecesor: ' |
conselleiro de Pesca 1979-1982 |
Sucesor: Ramón Díaz del Río |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María Ángela Posse Mariño.