Baile de salón

Os bailes de salón son aqueles que se bailan en parella de forma coordinada e seguindo o ritmo da música.
Historia
[editar | editar a fonte]Na súa orixe eran moi populares e a súa repercusión social foi de tal magnitude que deu lugar a creación de salas específicas, que compostas por unha orquestra e un pavimento axeitado facilitaron a súa práctica. Na actualidade practícanse tamén como modalidade deportiva en competicións organizadas e regulamentadas polas correspondentes federacións nacionais e internacionais.
Tanto na súa versión social como na de competición e deportiva os movementos e interaccións da parella axústanse a patróns previamente establecidos que, asociados coa música caracterizan os distintos bailes.
Isto motiva que a súa práctica requira dunha aprendizaxe previa que xa cando se transmitía de pais a fillos e na actualidade pode ser adquirido en academias de danza.
Estilos de bailes
[editar | editar a fonte]De salón social
[editar | editar a fonte]Entre os máis coñecidos e ordenados alfabeticamente figuran:
- Bolero
- Bachata
- Conga
- Cumbia
- Cha-cha-chá
- Chotis
- Danzón
- Fox-Trot
- Hustle
- Mambo
- Merengue
- Milonga
- Pasodoble
- Pericón
- Polca
- Rock and roll
- Salsa
- Salsa en liña
- Sevillana
- Ska
- Son cubano
- Swing
- Tango arxentino
- Valse inglés
- Valse vienés
De competición
[editar | editar a fonte]Hai dúas modalidades : Latinos e Estándar. Nos latinos o baile é máis solto e marchoso, No estándar o baile libre faise máis pegado e cunha forma compacta e estirada.
Latinos
[editar | editar a fonte]- No primeiro lugar a samba
- No segundo lugar o chachacha
- No terceiro lugar a rumba bolero
- No cuarto lugar o pasodobre español
- E por último o jive ou rock and roll
Estándar
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Baile de salón |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bailemos tango (Copes, Juan C.)
- Bailes de salón (Saez, Daniel)
- Bailes de salón (Muñoz, Jose Ignacio)
- Curso de baile sin maestro (Zendri, L. y Gelmeti, C.)
- Manual de Baile de Salón (Laird, Walter)
- Paso a Paso (Bailes de Salón) (Almagro, Mª Dolores)
- Tango, El (Barreiro, Javier)