Bacanal
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2014.) |
Actualmente unha bacanal é sinónimo de orxía, moitísimo tumulto e desorde. No mundo grego e romano, as bacanais eran festas en honor a Baco (deus mitolóxico romano do cal deriva o nome bacanal) ou Dioniso (deus da mitoloxía grega). As sacerdotisas organizadoras da cerimonia chamábanse bacantes e o nome quedou asociado ás orxías romanas. O culto primitivo era exclusivamente de mulleres para mulleres e procedía do culto orixinal ao deus Pan.
No ano 186 a.C. o Senado prohibiu a celebración de bacanais promulgando unha lei, tratando de volver o culto a Baco á súa contorna sagrada. Algo se conseguiu reducir, pero era tan popular que non se puido extinguir totalmente. A Igrexa católica fixo algo similar, pero non puido conseguirse nada, soamente puido ser substituído polo carnaval.