Saltar ao contido

BBC Mundo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
BBC Mundo
Frecuenciaonda curta e Internet.
Primeira emisión14 de marzo de 1938
Derradeira emisión21 de xullo de 2011 (podcast)
FormatoServizo público exterior
IndicativoBBC Mundo Radio
Indicativos anterioresServicio Latinoamericano de la BBC
PropietarioBBC
Na rede
http://www.bbc.co.uk/mundo/
Twitter: bbcmundo Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

BBC Mundo é un portal de Internet que ofrece noticias en español para os falantes de castelán de todo o globo pertencente á British Broadcasting Corporation.

A súa sede principal atópase no quinto piso do edificio Broadcasting House,[1][2] en Londres, onde están situados os xornalistas de todo o Servizo Mundial da BBC. O servizo en español da BBC posúe tamén unha sala de redacción en Miami;[3] oficinas en México e Buenos Aires; reporteiros en Washington, D.C., Os Ánxeles, Cuba, Caracas e Bogotá; colaboradores en Santiago de Chile, Quito, Lima e Madrid; e a rede de correspondentes da BBC en Europa, Oriente Medio, África, Asia e Oceanía.

BBC Mundo en Internet

[editar | editar a fonte]

O portal de noticias naceu en 1999 como un sitio dedicado a promover un debate semanal sobre un tema particular do acontecer mundial, como explica Julia Zapata, primeira editora do portal:

Eramos só dous de nós e non podiamos, nin se esperaba de nós, informar o que ocorría. Recordo que o escándalo Clinton/Lewinski sorprendeunos a metade da semana coa páxina promovendo un debate sobre un tema totalmente diferente, o que mostrou perfectamente o difícil que é non poder actualizar continuamente un sitio pertencente á BBC e seguir conservando credibilidade.

A BBC decide entón darlle prioridade o financiamento de sitios de Internet que puidesen informar 24 horas, os sete días da semana, e comeza con catro dos seus servizos de idiomas: Español, Ruso, Árabe e Chinés. BBC Mundo debeu entón contratar máis xornalistas e adestralos en xornalismo dixital, captura de fotos e vídeo, e edición de materiais audiovisuais.

Cos anos consolidámonos, crecemos editorialmente e aprendemos a experimentar dunha forma creativa. Isto permitiu que os servizos de idiomas da BBC en internet gañasen en 2007 o Webby Award, e BBC Mundo lograse ese mesmo ano o prestixioso premio Ortega e Gasset para o mellor xornalismo digital, opina Julia Zapata.

Menos dun mes logo de obter ese premio, o servizo latinoamericano da BBC, como outros servizos de idiomas da empresa británica, enfrontou serios cortes de orzamento que terminarían coa súa oferta radial en 2011, 73 anos despois da primeira transmisión en español.

  1. Sitio web de BBC Mundo, ed. (12 de xullo de 2012). "El Servicio Mundial de la BBC transmite por última vez desde Bush House". Consultado o 12 de xullo de 2012. 
  2. Sitio web de BBC Mundo, ed. (29 de febreiro de 2012). "BBC Mundo y el resto del Servicio Mundial le dicen adiós a su hogar". Consultado o 12 de xullo de 2012. 
  3. Sitio web de BBC Mundo, ed. (13 de decembro de 2011). "No es sólo la BBC de Londres". Consultado o 7 de febreiro de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]