Atol Kayangel
Tipo | Atol ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Palau ![]() | |||
| ||||
Bañado por | Océano Pacífico ![]() | |||
Características | ||||
Altitude | 4 m ![]() | |||
Superficie | 1,39 km² ![]() | |||
Kayangel é un pequeno atol de Palau, 24 km ao norte de Koror. Ten unha extensión de 2,6 km de longo e 1,3 km de ancho; deste atol forma un dos dezaseis estados do país. A superficie terrestre é duns 1,4 km². Existe unha lagoa no centro e está conformado por tres illas; a illa principal, unha pequena illa cun campamento e un pequeno illote. É habitado por aproximadamente 138 persoas (en 2000).
Ao redor de 25 grandes columnas de coral poden ser identificados nas fotografías aéreas. No lado oeste do atol esta unha pequena apertura a través da cal os barcos poden pasar a través da lagoa.
Kayangel ten catro illas boscosas ao longo da zona oriental e meridional Riffkranzes, das que só a illa no nordés Kayangel (Ngajangel) esta habitada. As outras illas no atol, incluíndo Ngeriungs, Ngerebelas e Orak non están habitadas.
As únicas fontes de enerxía veñen de paneis solares e de xeradores persoais. Existe unha pequena escola e un almacén xeral. O acceso á illa é por lancha rápida e toma dúas horas o traxecto.
O estado consta de tres atois: Kayangel, Ngaruangel e Velasco Reef.
![]() |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |