Saltar ao contido

Atholl

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAtholl

Localización
Mapa
 56°42′14″N 3°47′38″O / 56.704, -3.794
EstadoReino Unido
PaísEscocia
ConcelloPerth and Kinross (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Atholl ou Athole (en escocés: Athall; en gaélico antigo Athfhotla) é unha división histórica das Highlands de Escocia, que limita con Marr, Badenoch, Lochaber, Breadalbane, Strathearn, Perth e Gowrie. No presente forma parte de Perth e Kinross, Escocia.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

En gaélico escocés o nome é Athall, que deriva do gaélico antigo Ath-fhotla, ou 'Nova Irlanda' (Fódla era o nome tradicional de Irlanda). Pénsase que deriva do período de asentamento gaélico en Escocia, que anteriormente estivera habitado polos pictos.