Asemblea Xeral de Illinois
Asemblea Xeral de Illinois | |
---|---|
Tipo | parlamento de estado dos Estados Unidos de América e bicameralismo |
Sede | Capitólio Estadual de Illinois |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
https://www.ilga.gov/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Asemblea Xeral de Illinois (en inglés, Illinois General Assembly) é o parlamento do estado de Illinois, Estados Unidos. A súa sede está no Capitolio Estatal de Illinois en Springfield. Os seus 177 membros son escollidos por sufraxio universal e exercen o poder lexislativo. O nacemento da Asemblea Xeral derívase da Constitución de Illinois de 1818, a primeira do estado. Dous presidentes dos Estados Unidos comezaron a súa traxectoria política na Asemblea Xeral de Illinois, foi o caso de Abraham Lincoln, representante entre 1834 e 1842, e Barack Obama, senador entre 1996 e 2004.
Composición
[editar | editar a fonte]O artigo 4º da Constitución de Illinois, a actual é do ano 1970, determina que a Asemblea Xeral compose de dúas cámaras:[1]
- Senado: integrado por 59 membros que representan a cadanseu distrito. Como función exclusiva do Senado está a ratificación ou rexeitamento determinados nomeamentos feitos polo gobernador de Illinois.[2] Os mandatos dos senadores son de catro anos, aínda que unha vez por década o mandato redúcese a dous anos.[1] Esta variación é para facela casar coa redistribución que dos distritos electorais faga a Asemblea Xeral en función dos datos o Censo dos Estados Unidos, que se elabora cada dez anos.
- Cámara de Representantes: conta 118 membros electos por igual número de distritos. Os mandatos dos representantes duran 2 anos e non hai límite de mandatos.
Proceso lexislativo
[editar | editar a fonte]Cando un lexislador pretende facer unha proposta de lei, primeiramente debe dirixirse aos servizos xurídicos da Asemblea, onde o orientarán sobre de que xeito redactala para ser precisa e adecuada.[3] Unha vez feito, debe presentala nos rexistros da cámara á que pertenza. Logo, procédese á presentación, chamada primeira lectura, e remítese a un comité. No comité, a proposta é valorada e debatida, de non ser rexeitada, o proceso lexislativo prosegue e chega ao pleno da cámara. Alí debátense as emendas e vótase a lei. É entón cando pasa á outra cámara e no caso de ser modificado o proxecto a outra debe votalo tamén. Unha vez votada na Asemblea Xeral, a lei é remitida ao gobernador para a súa entrada en vigor.[4] Se o gobernador veta a lei, a Asemblea Xeral pode revogalo se así o votan tres quintos terzos de cada cámara.[1]
As leis de cada lexislatura son complicadas nunha publicación oficial denominada Laws of Illinois (en galego, Leis de Illinois).[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Illinois Constitution - Article IV". www.ilga.gov. Consultado o 2022-08-27.
- ↑ "Illinois Constitution - Article V". www.ilga.gov. Consultado o 2022-08-28.
- ↑ "About the Legislative Reference Bureau". www.ilga.gov. Consultado o 2022-08-28.
- ↑ "Ethics and the Legislative Process in the Illinois General Assembly" (PDF). illinois.gov. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de abril de 2022. Consultado o 28 de agosto de 2022.
- ↑ "Laws of Illinois - Introduction - Western Illinois University". www.wiu.edu. Consultado o 2022-08-28.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web da Asemblea Xeral de Illinois (en inglés)