Saltar ao contido

Asíndeto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A asíndeto (do grego a- prefixo privativo “sen” e syndein “unir, xuntar”) é unha figura retórica que consiste en omitir as conxuncións para dar viveza ou enerxía ó concepto. Antónimo: polisíndeto

  • N'Os señores da terra, (Otero Pedrayo, ed. Galaxia) a asíndeto é moi frecuente: O corpo da casa ergueito en fina canteiría, obra limpa dos barrocos do dazasete (páxina 2). Rematadas as compras na vila, salferidas as onzas, visitadas unhas cantas amizades (páxina 55).
  • Cheguei, vin, vencín (César: A guerra das Galias).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Figura estilística


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.