Saltar ao contido

Arteria maxilar interna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A arteria maxilar interna é unha rama terminal da arteria carótide externa. Dá lugar a 14 ramas colaterais e unha terminal, que é a arteria esfenopalatina. As arterias colaterias agrúpanse en 5 ascendentes, 5 descendentes, 2 anteriores e 2 posteriores.

Colaterais anteriores

[editar | editar a fonte]
  • Arteria infraorbitaria: moi estreita. Acompaña ao nervio maxilar superior e se introduce pola fendidura esfenomaxilar. Despois, entra polo conduto suborbitario e sae polo burato suborbitario anterior.
  • Arteria alveolar: vasculariza os alvéolos dentarios.

Colaterais posteriores

[editar | editar a fonte]
  • Arteria vidiana: atravesa o burato vidiano en dirección á foxa pterigoidea.
  • Arteria pterigopalatina: acompaña ao nervio pterigopalatino no seu traxecto a través do conduto esfenopterigopalatino

para chegar ás coanas (a parte posterior das foxas nasais).

Colaterais ascendentes

[editar | editar a fonte]
  • Timpánica
  • Menínxea media
  • Menínxea menor
  • Temporal fonda media
  • Temporal fonda anterior

Colaterais descendentes

[editar | editar a fonte]
  • Dentaria
  • Maseterina
  • Bucal
  • Pterigoidea
  • Palatina