Armen Dzhigarkhanyan
Armen Dzhigarkhanyan (en armenio: Արմեն Ջիգարխանյան; en ruso: Армен Джигарханян), nado o 3 de outubro de 1935 en Iereván,[1] e finado o 14 de novembro de 2020, foi un actor armenio e ruso (anteriormente soviético), tamén nacionalizado estadounidense.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Teatro
[editar | editar a fonte]Actor
[editar | editar a fonte]En 1955, Dzhigarkhanyan foi admitido no Teatro académico estatal Sundukyan de Iereván. Estudou co director Armen Gulakyan até 1958.[3] Antes de acabar o seu primeiro ano de formación académica xa comezou a actuar no Teatro ruso Stanislavski de Iereván, onde traballou durante dez anos, até 1967.[4][5] No único teatro ruso de Armenia, interpretou máis de 30 papeis, entre os que destaca o de Vanya Kudryash en Гроза (A Tormenta) de Alexander Ostrovsky, así como tamén en obras de Aleksei Arbuzov e На дне (Na dne) de Maxim Gorky.[5] Dende o comezo da súa traxectoria no teatro, Dzhigarkhanyan demostrou unha versatilidade abraiante, triunfando cunha gran variedade de personaxes diferentes, tanto no repertorio clásico coma no contemporáneo, incluíndo Shakespeare, Tennessee Williams e autores rusos modernos.[3]
En 1967, trasladouse a Moscova para continuar a súa carreira no teatro Lenkom.[3] Comezou actuando baixo as ordes do director Anatoly Efros, aínda que traballaron xuntos durante pouco tempo. Dzhigarkhanyan interpretou a Molière na obra de Mikhail Bulgakov Кабала святош (Kabala svyatosh. Trala marcha de Efros, Dzhigarkhanyan recibiu máis papeis, mais non quixo continuar actuando no teatro sen o director polo que veu en primeiro lugar.[5]
En 1969, Dzhigarkhanyan uniuse ao Teatro Mayakovsky por recomendación de Andrey Goncharov.[3] Traballou alí até 1996 e durante case 30 anos foi o actor principal.[6] A súa primeira aparición foi como Levinson en Razgrom de Alexander Fadeyev. Destacan papeis posteriores como o de Stanley Kowalski na obra de Tennessee Williams A Streetcar Named Desire. Aínda que a maioría dos seus papeis eran de protagonista, tamén interpretou papeis antagónicos.[5]
Dzhigarkhanyan fixo de Sócrates na obra Беседы с Сократом (Conversacións con Sócrates) de Edvard Radzinsky en 1975, papel polo que foi enxalzado polos críticos. Durante as décadas de 1970 e 1980, Dzhigarkhanyan apareceu de xeito menos frecuente no teatro en favor do cinema, acadando amplo recoñecemento no público soviético. Aínda cun número de aparicións teatrais minguante, seguiu sendo obxecto de debate. Os mellores papeis deste período son de Big Daddy en Cat on a Hot Tin Roof de Tennessee Williams e Lord Bothwell en Vivat! Vivat Regina! de Robert Bolt.[5]
Director
[editar | editar a fonte]Entre 1989 e 1997, ensinou no Instituto Gerasimov de Cinematografía (VGIK), a escola estatal de cine de Rusia.[3]
A mediados da década de 1990, Dzhigarkhanyan decidiu crear un teatro de seu que unificase aos seus estudantes no VGIK. En marzo de 1996, fundou o seu teatro chamado "D"[3] (na actualidade chamado Московский драматический театр под руководством Армена Джигарханяна "Teatro dramático de Moscova dirixido por Armen Dzhigarkhanyan"). O seu teatro levou a cabo numerosas obras famosas como Krapp's Last Tape de Samuel Beckett e The Homecoming de Harold Pinter.[5]
Dzhigarkhanyan tamén dirixiu compañías especializadas que só interpretan unha obra, e interpretou papeis como o Xeneral na obra Igrok de Fiódor Dostoievski e o protagonista de Filumena Marturano de Eduardo De Filippo no Teatro Lenkom.[5]
Cinema
[editar | editar a fonte]Dzhigarkhanyan fixo o seu debut no cinema en 1960 co filme Obval como Akop. "Abraiou aos espectadores coa súa interpretación do físico Artyom Manvelyan" no filme de Frunze Dovlatyan Բարև, ես եմ (Barev, yes em, 1966). "Deulle renome a nivel nacional e foi o comezo dunha prolífica traxectoria como actor". Usta Mukuch, o personaxe que creou para o filme Треугольник (Yerankyuni, 1967), dirixido polo afamado director armenio Henrik Malyan, abriu o camiño a ducias de filmes en décadas posteriores.[5]
Seguiu participando en filmes icónicos, entre os que se inclúen o filme de Edmond Keosayan Новые приключения неуловимых (Novye prikluchenya Neulovimykh, 1968), no que interpretaba ao capitán Ovechkin, e o filme Корона Российской империи, или Снова неуловимые (Korona Rossiyskoy Imperii, ili Snova Neulovimye, 1971). En 1973, a comedia Мужчины, tamén de Edmond Keosayan, converteuse nun dos filmes armenios máis icónicos e hoxe en día hai unha estatua lembrando os personaxes protagonistas no centro de Iereván.[7] A comezos da década de 1970, Dzhigarkhanyan xa se convertera nun dos actores máis populares nos filmes soviéticos e apareceu en máis de 200 producións, e abranguindo tódolos xéneros: comedia, aventura, drama, adaptacións literarias... Tamén foi actor protagonista do filme franco-soviético Тегеран 43 (Teherán 43, 1981).[4]
Filmografía selecta
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
1966 | Բարև, ես եմ | Artyom Manvelyan | |
1967 | Треугольник | Usta Mukuch | |
1968 | Новые приключения Неуловимых | Capitán Ovechkin | |
1970 | Чайка | Ilya Afanasievich Shamraev | |
1971 | Корона Российской Империи, или Снова Неуловимые | Capitán Ovechkin | |
1973 | Мужчины | Ghazaryan | |
1975 | Здравствуйте, я ваша тётя! | Judge Criggs | |
1977 | Когда наступает сентябрь | Levon Pogosyan | |
1978 | Собака на сене | Tristan | |
1979 | Место встречи изменить нельзя | Hunchback | |
1980 | Рафферти | Tommy Farichetti | |
1981 | Тегеран 43 | Max Richars | |
1982 | Գիքոր | Bazaz Artem | |
1986 | Крик дельфина | Administrador | |
1988 | 13-й апостол | David | |
1989 | Две стрелы. Детектив каменного века | Xefe da tribo | |
1990 | Паспорт | Semyon Klein | |
1992 | Белый король, красная королева | Makeev | |
1993 | Сны | Doutor | |
1995 | Ширли-мырли | Kozyulski | |
2008 | Самый лучший фильм | Secretario de Deus | |
2009 | О, счастливчик! | Avó Ramiz | |
2009 | Гамлет. XXI век | Excavador |
- Dobraxe
- Жил-был пёс, 1982 — Lobo
- Формула любви, 1984 — Conde Cagliostro
- Остров сокровищ, 1988 — John Silver
- Алиса знает, что делать!, 2013-2016[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Universidade Estatal de Iereván. Instituto de Estudos Armenios (ed.). "Ջիգարխանյան Արմեն" (en armenio). Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2014. Consultado o 1 de setembro de 2018.
- ↑ Chorekchyan, Khachatur (2005). "Армену Джигарханяну 70 лет". Russkaya Amerika (en ruso). Archived from the original on 07 de abril de 2014. Consultado o 1 de setembro de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Rollberg, Peter (2008). Scarecrow Press, ed. Historical dictionary of Russian and Soviet cinema. Lanham, Maryland. pp. 200–201. ISBN 9780810862685.
- ↑ 4,0 4,1 AV Production (ed.). "Արմեն Ջիգարխանյան" (en armenio). Archived from the original on 22 de xuño de 2014. Consultado o 2 de setembro de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 5,7 "Джигарханян, Армен Борисович" (en ruso). Krugosvet. Archived from the original on 22 de xuño de 2014. Consultado o 2 de setembro de 2018.
- ↑ Shalaeva, G.P., ed. (2003). "Джигарханян Армен Борисович". Кто есть кто в мире [Who's Who in the World] (en ruso). Moscova. pp. 463–4. ISBN 9785812300883.
- ↑ armenianmonuments.org (ed.). "Yerevan: "Men" Statue". Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2014. Consultado o 1 de setembro de 2018.
- ↑ VokrugTV (ed.). "Алиса знает, что делать!".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Armen Dzhigarkhanyan |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Armen Dzhigarkhanyan na IMDb (en inglés).