Aretusa (nereida)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Aretusa.

Aretusa foi, na mitoloxía grega, unha das Nereidas, as fillas de Nereo e Doris, filla de Océano.
As Nereidas eran unhas divindades mariñas que poden personificar as ondas do mar. Os diferentes mitógrafos dan diferentes cifras e nomes destes seres, ó redor de cincuenta pero algún chega ás cen.
Aretusa só é mencionada na relación proporcionada por Hixino (Fábulas, prólogo, 8). Non se cita nas listas achegadas por Pseudo-Apolodoro (I, 2, 7), Hesíodo (240-263) nin Homero (XVIII, 39 ss).
Hixino engade que, seducida por Poseidón, tivo un fillo: Abante [1]. Outras fontes, non obstante, din que este era fillo de Calcón [2].
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Grimal, Pierre (1981). Diccionario de mitología griega y romana (en castelán). Paidós. ISBN 9788449324574.
- Hesíodo (2013). Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Certamen (en castelán). Alianza Editorial. ISBN 9788420678825.
- Hixino (2009). Fábulas mitológicas (en castelán). Alianza Editorial. ISBN 9788420650722.
- Homero (2013). Ilíada (en castelán). Alianza Editorial. ISBN 9788420678344.
- Pseudo-Apolodoro (2016). Biblioteca mitológica (en castelán). Alianza Editorial. ISBN 9788491044277.