Altar (constelación)
Ara | |
---|---|
![]() | |
Nome latino | Ara |
Abreviatura | Ara |
Xenitivo | Arae |
Simboloxía | O Altar |
Ascensión recta | 17.39 h |
Declinación | −53.58° |
Área | 237 graos cadrados
Rango 63º |
Número de estrelas
(magnitude < 3) |
1 |
Estrela máis brillante | β Ara
(magnitude ap. 2.9) |
Choiva de meteoros |
Ningunha |
Constelacións
lindeiras |
|
Visible en latitudes entre +25° e −90°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de xullo | |
O Altar,[1] que nalgún tempo considerouse coma parte do Centauro é agora unha constelación independente. Localizada entre Centaurus e Lupus. Non contén estrelas brillantes, sendo Beta Arae a máis destacada con magnitude 2,8. Recentemente[cando?] descubriuse un burato negro dunhas catro veces a masa do Sol, e do tamaño dunha gran cidade.[Cómpre referencia]
Estrelas principais
[editar | editar a fonte]- α Arae, segunda estrela máis brillante da constelación, é unha estrela azul da secuencia principal catalogada coma variable, o seu brillo varía entre unha magnitude 2,73 e 3,13.
- β Arae, unha superxigante laranxa de magnitude 2,85, a estrela máis brillante da constelación.
- γ Arae, estrela binaria formada por unha superxigante azul quente e unha estrela branca da secuencia principal; están separadas visualmente 18 segundos de arco.
- ζ Arae, estrela xigante laranxa de magnitude 3,13.
- ι Arae, xigante azul e variable Gamma Cassiopeiae; o seu brillo flutúa entre magnitude 5,18 e 5,26.
- μ Arae, anana amarela algo máis luminosa có Sol, onde se descubriron catro planetas extrasolares.
- 41 Arae, estrela binaria a só 28,7 anos luz da Terra, as súas compoñentes son unha anana amarela e unha anana vermella.
- Gliese 674, anana vermella a 14,8 anos luz onde se descubriu un planeta moi próximo á estrela.
Obxectos notables do espazo profundo
[editar | editar a fonte]- NGC 6397. AR: 17h 40m 42.0s Dec: -53°40'00" (Época 2000). Cúmulo globular visible sen instrumentos, 10.5º ó sur de Sargas (θ Scorpii). Localizado a 7.200 anos luz, é un dos máis próximos ó Sol.
- NGC 6193. AR: 16h 41m 18.0s Dec: -48°46'00" (Época 2000). Cúmulo aberto grande que contén ó redor de 30 estrelas, a 8º ó oeste de α Arae.
- NGC 6208, NGC 6253 o IC 4651. Outros cúmulos abertos.
- NGC 6362. Outro cúmulo globular.
- Nebulosa Stingray (Hen 3-1357), nebulosa planetaria moi nova; aínda que en 1971 era unha estrela superxigante azul, en 1989 téñase transformado en nebulosa.
Mitoloxía
[editar | editar a fonte]Na mitoloxía grega, dise que os Cyclopes construíron orixinalmente o altar coma lugar para os sacrificios ós deuses do Olimpo. O altar, usualmente representado boca abaixo, mais algunhas veces represéntase cara a arriba con fume indo cara a Vía Láctea, tamén era visto coma o altar de Lycaon. Lycaon sacrificaba a un neno (nalgunha lenda era Arcas) a Zeus no altar do monte Lycaeus, e immediatamente despois do sacrificio transformábase en lobo, probablemente isto é a base do mito da constelación Lupus.
Noutras lendas gregas, Ara era identificado co altar do deus do viño, Dionysus.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/05/Ara_Hevelius.jpg/220px-Ara_Hevelius.jpg)
Ara tamén foi coñecida polo seu nome en Latín coma Ara Centauri, algo parecido o altar (ou estandarte) de Centauro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Altar ![]() |