Antonio Docampo
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de agosto de 1929 A Coruña, España |
Morte | 26 de xaneiro de 2017 (87 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema |
Antonio Docampo García, nado na Coruña en 1929 e finado na mesma cidade o 26 de xaneiro de 2017,[1] foi un cineasta galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi o cámara de El andamio dirixida por Rogelio Amigo, unha historia sobre o ambiente obreiro galego na posguerra, premiada no Festival de San Sebastián en 1958. Tamén é autor de He matado a un hombre (1965), Mano Izquierda, La Gaita Gallega, Así es Galicia, El Gas, Botadura del 'Butrón' (1973) e Lalín, capital do Deza (1987).
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Recibiu a medalla da Academia Galega de Belas Artes en 1999.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María Dolores Arias Longueira e foi pai de Patricia e Marta Docampo Arias.