Saltar ao contido

Antillas Maiores

Modelo:Xeografía físicaAntillas Maiores
Imaxe
Tipogrupo de illas Editar o valor en Wikidata
Parte deAntillas Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaAntillas e Caribe Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 21°59′00″N 79°02′00″O / 21.983333333333, -79.033333333333
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Composto por
Características
Altitude3.087 m Editar o valor en Wikidata
Superficie207.411 km² Editar o valor en Wikidata

As Antillas Maiores ou Grandes Antillas son un grupo de illas no mar Caribe localizadas ao leste do Iucatán (México) e sueste da Florida (Estados Unidos) e ao oeste das Antillas Menores ou Pequenas Antillas. O grupo está composto polas illas de Cuba, Xamaica, A Española ou Haití (República Dominicana e Haití) e Porto Rico. As Bahamas, aínda que veciñas, non integran esta unidade xeográfica.

As Grandes Antillas descansan sobre un macizo submarino común e están atravesadas por unha cadea abrupta e elevada de montañas, cuxos picos máis altos oscilan entre dous e tres mil metros que culminan na Española (no Pico Duarte con 3.087 m) e declina, a ambos os dous lados, en Cuba, Xamaica e Porto Rico. Esas montañas están compostas de pedra calcaria, con afloramento doutras rocas, todas elas moito máis antigas cás de orixe eruptivo das Pequenas Antillas e sen pegadas de actividade volcánica recente. As Bahamas, pola contra, son illas de orixe coralino. Antigamente as Bahamas nin sequera se consideraban como parte das Antillas, aínda que na actualidade se engloban como un terceiro grupo dentro delas (Grandes Antillas, Pequenas Antillas e as Bahamas).

Illas e arquipélagos

[editar | editar a fonte]
Localización Grupo/Illa principal Status político Illas
Cuba Illa nación Cuba (Illa)
Arquipélago de Sabana
Jardines del Rey
Arquipélago de Camagüey
Arquipélago dos Canarreos
Jardines de la Reina
Illas Caimán Territorio Británico de Ultramar Gran Caimán
Caimán Menor
Caimán Brac
Xamaica Illa nación Xamaica (Illa)
Pedro Cays
Morant Cays
Navassa Área insular dos Estados Unidos Navassa
Hispaniola e illas cincundantes Illa estado Haití Hispaniola (parte occidental)
Île de la Tortue
Île de la Gonâve
Île Grande Cayemite
Île à Vache
Illa estado República Dominicana (parte oriental da Hispaniola) Hispaniola (parte oriental)
Cayos de Siete Hermanos
Illa Beata
Illa Saona
Arquipélago de Porto Rico Illa estado asociado a USA Porto Rico (Illa)
Mona e Monita
Desecheo
Caja de Muertos
Vieques
Arquipélago Culebra: Culebra, Culebrita e outras 22 illas

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]