Saltar ao contido

Anjar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaAnjar
(ar) عنجر Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoasentamento
município do Líbano (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaZahlé, Líbano (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 33°43′33″N 35°55′47″L / 33.7258, 35.9297
Características
Altitude950 m Editar o valor en Wikidata
Superficie20 km² Editar o valor en Wikidata
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio cultural  → Mundo árabe
Data1984 (8ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (iii) e (iv) Editar o valor en Wikidata
Identificador293
Historia
Primeiro rexistro escritoséculo VIII Editar o valor en Wikidata

Sitio webmousaleranjar.com Editar o valor en Wikidata
A rúa principal en Anjar

Anjar (árabe: عنجر / ALA-LC: ‘Anjar; armenio: Անճար francés: Anjar, que significa "irresoluto ou río que corre"), tamén coñecido como Haoush Mousa (árabe: حوش موسى / Ḥawsh Mūsá), situado no val do Bekaa. A poboación é de 2.400 habitantes,[1] composto case por completo de Armenios. A superficie total é de vinte quilómetros cadrados. No verán, a poboación chega a 3.500 habitantes, cando os membros da diáspora armenia regresan de visita.

O establecemento da cidade atribúese normalmente ao califa omeia al-Walid I a comezos do século VIII como palacio-cidade. No entanto, o historiador Jere L. Bacharach afirma que foi o fillo de Al Walid, al-Abbas, o responsable da fundación de Anjar no ano 714 d.C., citando ao cronista bizantino grego Teófanes o Confesor, que rexistrou que al-Abbas construíu a cidade.

Despois de ser abandonada en anos posteriores, Anjar foi reasentado en 1939 con varios miles de refuxiados armenios da área de Musa Dagh. Os seus barrios teñen o nome das seis aldeas de Musa Dagh: Haji Habibli, Kebusiyeh, Vakif, Kheder Bek, Yoghunoluk e Bitias. O Exército de Siria elixiu Anjar como unha das súas principais bases militares no Val de Beqaa e na sede dos seus servizos de intelixencia.

Antigüidades de Anjar

[editar | editar a fonte]

Anteriormente coñecida como Gerrha, unha fortaleza construída polo Califa Al-Walid ibn Abdel Malek no século VIII, o sitio foi posteriormente abandonado, deixando unha serie de ruínas ben conservadas. O nome actual deriva do árabe "Ayn Gerrha" ou "fonte de Gerrha". As ruínas exclusivamente omeias recoñecéronse como Patrimonio da Humanidade.

Ruínas do palacio Omeia

As ruínas da cidade abranguen 114.000 metros cadrados e están rodeadas de grandes e fortificados muros de pedra de máis de dous metros de espesor e sete metros de altura. O deseño urbano rectangular de 370 m por 310 m está baseado na planificación e arquitectura da cidade romana con pedras prestadas dos bizantinos. Dúas grandes avenidas, o Cardo maximus, que vai de norte a sur, e o Decumanus Maximus, que vai de leste a oeste, dividen a cidade en catro cuadrantes. As dúas avenidas principais, decoradas con columnas e flanqueadas por preto de 600 tendas, se cruzan baixo un tetrápilo. Os plintos, árbores e capiteis do tetrápilo son spolia reutilizados no período omeia. As rúas máis pequenas subdividen a metade occidental da cidade en barrios de diferente tamaño.[2]

Monumentos principais:

  • O Gran Palacio reconstruído parcialmente, 59 m por 70 m, inclúe un muro e está precedido por unha serie de arcadas. O seu patio central está rodeado dun perístilo.
  • O Palacio pequeno, case cadrado, de 46 m por 47 m, destaca polos seus numerosos fragmentos ornamentais e pola súa grande entrada central ricamente decorada.
  • Unha mesquita, de 45 m por 32 m, situada entre os dous palacios.
  • Baños termais, de modelo romano no norte do recinto.

Os numerosos fragmentos de frisos con motivos vexetais, figurativos e xeométricos demostran que houbo ricos edificios decorados.

  1. ANJAR: Demographics
  2. "The archaeological site of Anjar". Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2007. Consultado o 11 de decembro de 2007. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]