Anel vaxinal
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
O anel vaxinal (tamén coñecido como anel intravaxinal ou sistema de liberación vaxinal), cuxa denominación comercial é NuvaRing, é un método anticonceptivo hormonal de longa duración consiste nun anel de plástico flexible (copolímero Etilvinilacetato) duns 5 centímetros de diámetro que, colocado na vaxina, libera hormonas femininas idénticas á pílula anticonceptiva (etonoxestrel e etinilestradiol) en doses baixas e constantes e que, absorbidas pola mucosa da vaxina, impiden a ovulación.[1][2] A súa eficacia, semellante á pílula anticonceptiva, é do 99,7%.
Método de uso
[editar | editar a fonte]O anel vaxinal é de uso mensual acompañado ó ciclo sexual feminino ou ciclo menstrual. Introdúcese na vaxina, no primeiro día do ciclo; déixase inserido durante tres semanas (21 días) tras as cales se retira e refuga co obxecto de descansar durante unha semana (7 días) deixando para que a menstruación teña lugar. Despois debe introducirse outro novo.[3]
O anel non se move nin cae grazas ás paredes vaxinais, aínda que pode producirse nalgúns casos. O anel vaxinal permanece na vaxina durante as relacións sexuais, agás durante a semana de descanso. A maioría de parellas non o perciben durante as súas relacións sexuais. Antes de comezar o seu uso pode ser conveniente a consulta médica. Dependendo dos países pode requirirse a prescrición médica.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Shimoni, Noa'a; Westhoff, Carolyn (2008-10-01). "Review of the vaginal contraceptive ring (NuvaRing®)". Journal of Family Planning and Reproductive Health Care (en inglés) 34 (4): 247–250. doi:10.1783/147118908786000370.
- ↑ "Véxase apartado 6.1 - Composición en documento RA 0550 VOS S5 de Nuvaring" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de marzo de 2016. Consultado o 15 de abril de 2019.
- ↑ "Véxase apartado 3.2 e 3.3. do Prospecto Anel vaginal NuvaRing -Ministerio de Sanidade e Política Social-, España". Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2010. Consultado o 01 de xullo de 2010.