Alpaca (aliaxe)
Aparencia
- Para o animal do mesmo nome, véxase a páxina Alpaca
A alpaca, tamén chamada prata alemá, é unha aliaxe ternaria composta por cinc, cobre e níquel, cunha cor e brillo semellantes á prata. As aliaxes que conteñen máis dun 60 % de cobre son monofásicas e caracterízanse pola súa ductilidade e pola facilidade para seren traballadas a temperatura ambiente. A adición de níquel confírelle unha boa resistencia aos medios corrosivos.
Entre as aplicacións áchanse a fabricación de vaixelas de mesa, cremalleiras, obxectos de bixutería, diales dos aparellos de radio, instrumentos cirúrxicos e dentais, e reóstatos.