Saltar ao contido

Alfonso Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlfonso Martínez
Biografía
Nacemento24 de xaneiro de 1937 Editar o valor en Wikidata
Zaragoza, España Editar o valor en Wikidata
Morte17 de abril de 2011 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Altura194 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista, adestrador Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoPivote Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Deporte base
RCD Espanyol (baloncesto)
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1953–1955 FC Barcelona Bàsquet
1955–1956 CB Aismalíbar
1956–1958 Real Madrid Baloncesto
1956–1969   España
1958–1961 FC Barcelona Bàsquet
1961–1962 Club Joventut de Badalona
1962–1966 Picadero JC
1966–1972 Club Joventut de Badalona
1972–1975 CE Mataró
1975–1976 Club Baloncesto Breogán
Participou en
1969Campionato Europeo de Baloncesto Masculino de 1969
1968Xogos Olímpicos de 1968
8 de setembro de 1967Jogos do Mediterrâneo de 1967 (pt) Traducir
1967EuroBasket 1967 (pt) Traducir
1963EuroBasket 1963 (pt) Traducir
1963Jogos do Mediterrâneo de 1963 (pt) Traducir
1961EuroBasket 1961 (pt) Traducir
1960Xogos Olímpicos de 1960
1959EuroBasket 1959 (pt) Traducir
1959Jogos do Mediterrâneo de 1959 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsJosé Luis Martínez Editar o valor en Wikidata

Alfonso Martínez Gómez, nado o 24 de xaneiro de 1937 en Zaragoza (Aragón) e finado o 17 de abril de 2011 en Barcelona (Cataluña) aos 74 anos, foi un ex xogador profesional de baloncesto internacional español. Cunha altura de 1,94 metros xogaba na posición de pivote. Contaba cunha forte personalidade e unha gran capacidade tanto anotadora como reboteadora, sendo considerado un dos mellores baloncestistas de España da súa época.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formado no baloncesto catalán, desenvolveu unha longa carreira baloncestística, tamén case sempre dentro de clubs cataláns, repleta de éxitos ao longo das dezanove tempadas consecutivas que xogou na Liga española; feito que supón un rexistro histórico e só superado por Joan Creus.

Alfonso Martínez xogou nos mellores equipos de España, e sempre acompañado de éxito. Ao longo da súa carreira gañou catro Ligas españolas, sendo ademais no único xogador que o conseguiu con tres equipos distintos, o FC Barcelona, o Real Madrid e o Club Joventut de Badalona. Este feito repítese coa Copas do Rei, gañando catro e tamén sendo o único en facelo con catro equipos diferentes, o FC Barcelona, o Real Madrid e o Club Joventut de Badalona e Picadero. Tamén xogou entre outros equipos históricos no Breogán de Lugo.

A nivel persoal, foi tres veces o máximo anotador da Liga (1957, 1958 e 1967. Tamén foi na súa época titular indiscutible coa selección de baloncesto de España, non en van disputou un total de 146 partidos internacionais, participando nos Xogos Olímpicos de 1960 en Roma e nos de México 1968, no Mundial de Chile de 1966 e en cinco Europeos: 1959, 1961, 1963, 1967 e 1969, sendo o máximo reboteador no de 1967. Unha vez retirado como xogador en activo adestrou ao Club Baloncesto Valladolid e ao Bàsquet Manresa.

Individual

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]