Alento (1934)
Alento | |
---|---|
![]() | |
País | España |
Lugar | Santiago de Compostela |
Lingua | lingua galega |
Fundación | 1934 |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Alento foi unha revista de contido totalmente redactado en lingua galega, editada en Santiago de Compostela de 1934 a 1935.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulada Boletín de Estudos Polítecos, apareceu en setembro de 1934 cos seus dous primeiros números correspondentes a xullo e agosto editados nun só caderno.[1] Dirixida por Álvaro das Casas, foi defensora das ideas nacionalistas. Entre os seus colaboradores figuraron Vicente Risco, Xohán Brañas, Paulino Pedret, Francisco Fernández del Riego, Luís Seoane, Ramón Villar Ponte, Aquilino Iglesia Alvariño, Augusto María Casas e Luís Manteiga. Publicou artigos sobre arte galega, teoría literaria, ensaio e sobre o concepto do nacionalismo. Cesou a súa publicación en xuño de 1935, ao recoller nun só número os boletíns 10, 11 e 12.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Pueblo Gallego, 19-9-1934, p. 4.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Alento". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Lorenzana, Salvador (2005). "Alento". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Molina, César Antonio (1989). Prensa literaria en Galicia (1920-1960). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-430-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Galaxia. p. 37-38. ISBN 84-8288-137-X.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Alento na hemeroteca virtual da Real Academia Galega.